empresas
Vitae achega a 5ª edición da súa formación especializada en resolver conflitos na empresa
A consultora tecnolóxica Vitae brinda o vindeiro mes a quinta edición dunha actividade formativa dirixida a botar unha man na consecución do mellor ambiente de traballo posíbel na nosa empresa. Trátase do Curso Resolución de Conflitos, previsto (en formato de aula virtual) para os días 2, 3 e 9 de decembro. Ao longo de nove horas de formación, amosaranse (...)
Ler máisNunegal, tecnolóxica galega experta en TIC, adquire Saec Data
A empresa coruñesa Nunegal Consulting, experta en servizos TIC, desenvolvemento de software e asesoramento, vén de ampliar e reforzar os seus servizos adquirindo o 100% de Saec Data, pasando a ter un equipo de máis de 300 persoas, con oficinas na Coruña, Barcelona, Bilbao e (...)
Ler máisCabify recibe unha valoración de 1.400 millóns de dólares
A popular compañía de transporte Cabify anunciou unha rolda de financiamento de 160 millóns de dólares á que acoden Rakuten Capital, o fondo TheVentureCity, Endeavor Catalyst e Gat Inversores, entre outros, e que supón a valoración da compañía en 1.400 millóns de dólares, de xeito que xa podería considerarse un unicornio (compañía valorada en máis de 1.000 millóns (...)
Ler máisVitae recunca en setembro co seu curso de xestión de proxectos áxiles con Scrum
Vitae Consultores prosegue á volta do verán coa súa completa oferta formativa acerca de tecnoloxías para (precisamente) profesionais das tecnoloxías. Nesta liña e na de fornecelos de recursos para anticiparse ás necesidades de clientes e usuarios, insírese a 19 edición do seu Curso Dirección e Xestión de Proxectos TIC Áxiles con Scrum, Scrumban e Lean Software (...)
Ler máisMestrelab expande o seu negocio e abre oficina en Nova Deli
A empresa galega Mestrelab Research, firma compostelá centrada en software científico e análise avanzada de datos, vén de anunciar a apertura dunha nova oficina en Nova Deli (India). As dependencias da compañía no xigante asiático, referente mundial no ámbito tecnolóxico, forma parte do plan estratéxico de expansión internacional de Mestrelab. En palabras de (...)
Ler máisTelevés crea filial escandinava
A corporación galega Televés, centrada en servizos de telecomunicacións, vén de anunciar que inaugura a súa filial internacional número once. Estamos a falar de Televés Escandinavia, que nace coa vontade de aumentar a presenza da marca nos mercados escandinavos de Dinamarca, Suecia e Noruega, amais do resto de países nórdicos (Finlandia, Islandia e Grenlandia). (...)
Ler máisChega en decembro a terceira edición do curso de auto-coñecemento de Vitae Consultores
Vitae Consultores, a través da súa aula virtual, vai ofrecer este mes de decembro a terceira edición dunha actividade formativa na que todos os elementos teóricos e prácticos están dispostos para axudarnos a ser mellores profesionais e atopar o camiño máis axeitado para desenvolver o noso talento e a nosa capacitación. Trátase do curso Auto-coñecemento do (...)
Ler máisO CiTIUS e Balidea presentan o prototipo de Smart Cardia, a plataforma que marca un antes e un despois na rehabilitación cardíaca
Este 25 de marzo fíxose balance do conseguido ao abeiro do proxecto galego Smart Cardia, que tiña por obxectivo crear tecnoloxías para facilitar a xestión da rehabilitación cardíaca. O prototipo resultante, xa rematado, foi un dos eixes temáticos da presentación deste xoves, na que participaron investigadores do CiTIUS e Balidea, que fixeron saber que a (...)
Ler máisBalidea pon a punto a web da Oficina de Seguridade do Internauta
A empresa galega Balidea vén de desenvolver a optimización e posta a punto do portal web da Oficina de Seguridade do Internauta (OSI) do Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE). O labor materializouse, en palabras de Balidea, nunha versión na que prima a marxe de uso a, accesibilidade, a proximidade e a sinxeleza para o usuario. Entre outras melloras (...)
Ler máisHewlett Packard habilitará un centro de innovación en Big Data na Cidade da Cultura
Hewlett Packard Entrerprise (HPE) confirmou hoxe na Cidade da Cultura que a súa aposta pola nosa terra é firme e vai para longo. A culminación desta aposta materializarase na vindeira entrada en funcionamento do Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN), presentado este venres 1 de xullo no Gaiás, da man de dous dos principais responsábeis de (...)
Ler máis0 | ... | 480 | 490 | 500 | 510 | 520 | 530 | 540 | 550 | 560 | ... | 880
