empresas
Tredess mostrará no NAB Show de Las Vegas as súas últimas solucións de radio e TV
A empresa galega Tredess, referente galego, estatal e internacional en materia de solucións de telecomunicacións a profesionais, confirmou a súa presenza na vindeira edición do NAB Show, que volve trala paréntese da pandemia (dous anos de inactividade) á súa sede de Las Vegas, Nevada, entre o 23 e o 27 de abril. Tredess contará cun stand de seu, o W5126 do (...)
Ler máisTodo o que precisamos saber sobre Terraform, nun novo curso de Vitae
Terraform é unha ferramenta da que seguro escoitamos falar nos últimos tempos, sobre todo polas amplas posibilidades de traballo que pon en xogo en materia de creación, administración e actualización de recursos de infraestruturas e arquitecturas, tanto virtuais como físicas. Trátase dunha ferramenta de código aberto, creada por HashiCorp, que presenta dende (...)
Ler máisBahía abrirá en Santander o seu primeiro centro de desenvolvemento de software fóra de Galicia
A compañía galega Bahía Software está dar importantes pasos en excelencia e crecemento. Á moi recente estrea das novas instalacións no polígono de Milladoiro, un innovador e referencial espazo de traballo nos lofts da rúa das Hedras, cómpre engadir agora a vindeira apertura en Santander do que sería o seu primeiro Centro de Desenvolvemento de Software fóra de (...)
Ler máisBalidea leva a Holanda o seu asistente virtual para o avellentamento activo
O Clúster Saúde de Galicia (CSG) organiza esta semana unha misión comercial nos Países Baixos, LexSaúdeHolanda. A delegación da nosa terra contará con presenza TIC, a da firma de Santiago Balidea, que participa como referente en solucións innovadoras para o ámbito médico e asistencia social. Por exemplo o seu asistente virtual para o envellecemento activo, NETA (...)
Ler máisA galega Docuten leva os seus servizos dixitais a Europa
Docuten, a marca da firma galega Enxendra Technologies, vén de dar o chimpo cara ao mercado internacional. E faino logo da súa salientábel andaina no mercado español, achegando servizos TIC avanzados a compañías do talle de Desigual ou o Grupo Planeta. Segundo puidemos saber, a firma Docuten estreou presenza en Reino Unido, Alemaña, Francia e Polonia, que son (...)
Ler máisA CNMC aproba a compra de Yoigo por parte de MásMóvil
Tras chegar a un acordo de compra do 100% das accións de Xfera Móviles S.A. (Yoigo) por parte de MásMóvil por 612 millóns de euros, faltaba a aprobación por parte dos organismos reguladores, especialmente polo feito de que Yoigo é o cuarto operador móbil con rede de seu, polo que era posible que se establecesen condicións para a adquisicións, e finalmente a (...)
Ler máisA aceleradora BFAero escolle 28 proxectos finalistas
A aceleradora do sector aeroespacial Business Factory Aero (BFAero), impulsada pola Xunta de Galicia (GAIN e IGAPE) no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, vén de seleccionar 28 proxectos finalistas de entre as 85 candidaturas que se presentaron á fase de selección da súa terceira convocatoria. Estas 28 propostas vinculadas ao sector aeroespacial e dos (...)
Ler máisOs servizos de mercadotecnia smart de BMB serán comercializados pola galega Imatia
A empresa galega Imatia asinou recentemente un acordo estratéxico coa firma libanesa BMB para a comercialización dos produtos desta compañía no mercado estatal. Máis polo miúdo, a alianza vai dirixida a que Imatia adique parte do seu labor a espallar a implantar os sistemas de BMB en materia de automatización de forza de vendas (concepto que engloba e abrangue (...)
Ler máisVitae iniciará 2023 cunha nova edición do seu histórico curso sobre xestión de proxectos con Scrum
Os procesos de transformación tecnolóxica xa non son cousa dunhas poucas empresas e duns escasos sectores: afectan a todos os ámbitos produtivos e profesionais que demandan máis funcións, máis fiabilidade, máis efectividade e máis operatividade. En consecuencia, aumentou o nivel de esixencia do mercado, o que obriga ás empresas tecnolóxicas a seguir avanzando (...)
Ler máisAltia ofrece á mocidade cursos sobre tecnoloxía avanzada
A xente máis nova ten unha oportunidade para achegarse ás tecnoloxías máis avanzadas da man da compañía galega Altia mediante un programa de cursos formativos ofertado pola propia compañía de novas tecnoloxías. O dito programa consiste nunha serie de actividades de adestramento impartidas por profesionais de Altia sobre tecnoloxías avanzadas aplicadas en (...)
Ler máis0 | ... | 400 | 410 | 420 | 430 | 440 | 450 | 460 | 470 | 480 | ... | 700