Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Sony continúa a perder cartos con cada PS3 vendida

Sony publicou os resultados do último ano financeiro (que rematou o 31 de marzo de 2008) e aínda que incrementa as súas vendas, continúa a ter certas sombras sobre a PlayStation 3, que pese a triplicar os seus beneficios continúa a ser supor perdas para a compañía nipona. No último ano Sony perdeu 124.500 millóns de iens na súa división de xogos, mellorando as (...)

Ler máis

A Xbox 360 supera os 10 millóns de unidades vendidas nos EE.UU.

Microsoft anunciou que a Xbox 360 superou os 10 millóns de unidades vendidas nos EE.UU., converténdose na primeira consola de nova xeración en superar tal marca, e superando tamén os 19 millóns de unidades a nivel mundial. Sumando ao éxito de Grand Theft Auto IV para Xbox 360 pódese asegurar que a consola de Microsoft está a vivir un momento moi doce, que se (...)

Ler máis

O Asus Eee PC 901 contará con procesador Intel Atom

A familia dos Eee PC de Asus continúa a medrar, e trala chegada do Eee PC 900 con pantalla de 8,9 polgadas, chega agora o Eee PC 901, que podería chegar ao mercado en xuño destacando por contar cun procesador Intel Atom, agardándose que tal cambio mellore a autonomía deste popular equipo. Polo momento só coñecemos a aparencia externa deste equipo, polo que (...)

Ler máis

LG presenta pantallas con formas elíptica e redonda

A feira da Society for Information Display (SID) que terá lugar en Los Ángeles (California) entre os vindeiros días 18 e 23 de maio será o lugar empregado por LG Display para presentar publicamente as súas novas pantallas LCD entre as que sorprenden un modelo con forma elíptica de 6 polgadas (a máis grande deste tipo desenvolvida ata o momento, cun ancho de (...)

Ler máis

Samsung podería integrar nos seus dispositivos o mini-proxector desenvolvido por 3M

O proxector en miniatura de 3M continúa a avanzar para converterse nun produto comercial antes de rematar o ano, descoñecéndose se nalgún momento se venderá coma un produto independente e agardándose que algúns equipos coma ordenadores portátiles e móbiles aposten por este accesorio que nun principio custaría entre os 200 e os 400 dólares, pero que podería acadar (...)

Ler máis

Desconto do 14% na compra de Macs para os universitarios españois

Os estudantes universitarios españois poderán aproveitar unha promoción publicada a través do portal Universia para acadar un desconto do 14% en toda a gama de ordenadores de Apple, tanto portátiles coma sobremesa, válida ata o 1 de xuño e que se anuncia baixo o lema ¿Has pecado ya? Atrévete... Este desconto, sumado ás últimas rebaixas de prezos, fai que sexa (...)

Ler máis

Prosperan as subvencións de ultraportátiles de baixo custo por parte de operadoras de telefonía móbil

Tras deixar pasar en 2007 a febre do iPhone, as operadoras de telefonía móbil non parecen querer repetir a experiencia cos ultraportátiles de baixo custo, e mentres que o Kira 100 de Airis se pode adquirir en España por 99 euros contratando 12 meses do Dúo de Telefónica ou 24 meses de 3G Orange 1Gb, o Asus Eee PC tamén estrea promocións semellantes no Reino (...)

Ler máis

O PlayTV para PS3 chegará a Europa en setembro

O pasado ano Sony anunciou que a súa consola de videoxogos, a PlayStation 3, podería gravar programas de televisión no seu disco duro mediante un PlayTV, produto que finalmente chegará a Europa en setembro, no marco do PlayStation Day 2008. O produto que permitirá gravar vídeo coa PS3 venderáse a 99 euros e nun principio non incluirá protección DRM, polo que (...)

Ler máis

O Blu-ray continúa a ter problemas para colocarse no mercado coma sucesor do DVD

A guerra dos formatos de vídeo de alta definición alzou ao Blu-ray coma vencedor fronte ao HD DVD, pero iso non parece servir para dar un pulo a esta tecnoloxía, que carece dunha demanda significativa, o que confirma un informe publicado por NPD Group que destaca unha caída do 40% nas vendas de reprodutores Blu-ray no mes de febreiro, aínda que en marzo (...)

Ler máis

A Xbox 360 triplicou as súas vendas en España

Nas últimas semanas comentamos que o descenso de prezo da Xbox 360 ata 199,99 euros na súa edición básica afectou de xeito importante ás súas vendas, que nun principio poderían terse duplicado, pero agora Microsoft anuncia que as vendas xa superan o 300%, o que mesmo provocou casos de falta de unidades na canle de distribución do modelo Arcade, que está (...)

Ler máis

0 | ... | 460 | 470 | 480 | 490 | 500 | 510 | 520 | 530 | 540 | ... | 660

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade