Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Presentan no Xapón un disco híbrido de Blu-ray e DVD

A pasada fin de semana a empresa Infinity Storage Media presentou no Xapón o primeiro disco híbrido Blu-ray/DVD que estrearíase coa serie de televisión xaponesa Code Blue, composta por 4 discos híbridos que chegará ao mercado nipón en febreiro ao escandaloso prezo de 36.540 iens (292,32 €) mentres que a súa versión en 7 DVD tampouco sería moi económica (23.940 (...)

Ler máis

Os videoxogos convértense no agasallo máis solicitado este Nadal

Electronic Arts, a multinacional especializada en software de entretemento interactivo, vén de presentar un estudo, realizado en colaboración con TNS Demoscopia, sobre os hábitos de compra para este Nadal no que revela que “os videoxogos son a opción favorita como agasallo do 37,5 por cento dos enquisados”. O informe tamén indica que a pesares da situación (...)

Ler máis

O parque europeo de Xbox 360 supera nun millón de unidades ao de PS3

A nivel mundial a PlayStation 3 está a ser a peor consola da nova xeración en vendas, pero en países como España aínda goza de saúde, pero a cousa parece que está a cambiar, e segundo información de GfK Chart-Track sobre as vendas de consolas en outubro e novembro en Europa occidental (España, Reino Unido, Italia, Francia e Alemaña) reflicten que a Xbox 360 está (...)

Ler máis

Denuncian que algunhas lectoras de DVD da Xbox 360 raian os discos reproducidos nas mesmas

A Xbox 360 foi unha consola moi polémica nos seus inicios por mor da aparición das temibles luces vermellas que indicaban un fallo irrecuperable da consola debido a un erro de deseño, o que lle valeu moitas reclamacións a Microsoft, compañía que decidiu ampliar a garantía da consola para cubrir este tipo de fallo, o que agora non parece repetirse cando certos (...)

Ler máis

Mañá estréase a PlayStation Home Beta

Este xoves pola tarde Sony abrirá a todos os usuarios de PlayStation 3 o servizo PlayStation Home Beta, ou sexa, a versión de proba do que moitos entende que se trata do Second Life da PS3, pois consiste nun mundo virtual tridimensional no que os usuarios se moven mediante avatares personalizables e realistas (non coma os de Wii ou Xbox 360, que teñen (...)

Ler máis

Apple celebra o Black Friday en España

Hoxe é o venres negro en EE.UU., a data que se considera coma o inicio das compras para o Nadal, de aí que moitas tendas se lancen a facer ofertas abraiantes para incitar ao consumismo, pero a tenda de Apple nos sorprende por aplicar as mesmas promocións na súa web española, de xeito que durante todo o día se poden aforrar 41-81 euros nos iMac, 41-91 euros (...)

Ler máis

A PlayTV sairá finalmente en España

Sony anunciou que PlayTV, o dispositivo que permite a gravación e captura de vídeo e sinal de televisión dende a PlayStation 3 chegará finalmente ao mercado español a un prezo de 99,99 euros, o que supón un retraso considerable con respecto do resto de Europa así coma un prezo superior (é posible encargalo a Reino Unido por 83,99 euros incluíndo os gastos de (...)

Ler máis

A Xbox 360 chegará aos 25 millóns de unidades vendidas este mes

NPD Group publicou os datos de vendas de consolas de videoxogos nos EE.UU. durante o mes de outubro, confirmando a tendencia dos últimos meses, coa Wii (803.000 unidades) e a Nintendo DS (491.000) liderando os sectores doméstico e portátil, e cunha Xbox 360 (371.000) que vende preto do dobre de unidades que a PlayStation 3 (190.000) e unha PS2 (136.000) (...)

Ler máis

LG incorpora conectividade Bluetooth a un novo televisor

A finais de ano LG comezará a vender en España un novo televisor que destaca por incorporar conectividade Bluetooth, o que non é nada habitual para este tipo de produtos de electrónica de consumo, pero que pode ser de bastante interese, posto que o LG Bluetooth DTV pode aproveitar a comunicación para utilizar auriculares sen fíos para escoitar os contidos da (...)

Ler máis

Acer podería liderar o sector dos ultraportátiles de baixo custo

Nun momento no que se encolle o mercado de consumo sorprende a boa saúde da que gozan as vendas dos ultraportátiles de baixo custo, dos que o buque insignia é o Asus Eee PC, que non por ser dos primeiros equipos deste tipo en comercializarse implica unha posición insuperable no mercado, e dende Acer poderían superar co seu Aspire One ao Eee de cumprir coas (...)

Ler máis

0 | ... | 380 | 390 | 400 | 410 | 420 | 430 | 440 | 450 | 460 | ... | 660

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade