Artigos desta sección
As vendas de PS Vita continúan a caer no Xapón
Tras o Nadal, podiamos facer balance das vendas das consolas de videoxogos portátiles no Xapón (pois aínda non chegara a Europa a PS Vita), superando a portátil de Nintendo á de Sony nunha relación de 5 a 1, o que podería entenderse polo feito de que a PS Vita fose aínda unha novidade no mercado, pero un trimestre despois vemos que a cousa aínda está peor, e (...)
Ler máisEsta semana podería chegar ao mercado o primeiro smartphone con procesador Intel
O director xeral de Intel, Paul Otellini, na conferencia na que comunicou os resultados financeiros do primeiro trimestre do ano anunciou aos investidores que xa está listo para o seu lanzamento o primeiro smartphone da compañía, concretando que a finais da semana poderiamos ver o anuncio do primeiro smartphonebaseado en arquitectura Intel, o que segundo (...)
Ler máisLG lanza unha plataforma de contidos 3D premium para os seus televisores
Ante a falta de contidos 3D no mercado, e para facilitar que se poida tirar proveito dos seus televisores máis avanzados, LG vén de anunciar o lanzamento mundial de 3D World, un servizo de contidos de pagamento que estará dispoñilble para os usuarios de televisores conectados Cinema 3D en preto de 70 (...)
Ler máisAs tendas Worten venderán lectores de libros electrónicos Kindle
Aínda que o Kindle é o eReader máis popular no mercado, tanto polo seu prezo como polos seus servizos asociados, o feito de que só sexa posible adquirilo a través da Internet supón un atranco para moitos usuarios, de aí que a partir de mañá vaia estar dispoñible en tendas físicas, o que ata o vindeiro día 23 limitarase á cadea Worten, seguindo así a liña do (...)
Ler máisO Nokia Lumia 800 recibe unha actualización que mellora a súa autonomía
Os usuarios de terminais Nokia Lumia 800 non poden queixarse da frecuencia na que están a recibir actualizacións para o seu móbil, pois estes días está a distribuírse a terceira en só 4 meses, e que incorpora importantes melloras no tocante ao rendemento da batería e a administración de enerxía, que polas probas levada a cabo ata o momento sorprende chegando a (...)
Ler máisDenuncian que Apple anuncie fóra de Norteamérica que o iPad ten un modelo 4G
A Comisión de Consumo e Competencia de Australia (ACCC) anunciou hoxe que vai presentar unha denuncia na Corte Federal de Merbourne contra Apple por violar a Lei de Consumo australiana ao anunciar que o novo iPad ten un modelo con “Wi-Fi + 4G”, dando a entender que o tablet coa SIM correspondente pode conectarse ás redes móbiles 4G de Australia, o que non é (...)
Ler máisO Kindle Touch chegará a España a finais de abril
Antes do Nadal chegou a España de xeito oficial o lector de libros electrónicos Kindle de Amazon, pero só no seu modelo máis básico (xunto coa versión española da súa tenda de e-books) e esta familia de trebellos vai medrar en abril, estando xa dispoñible dende Amazon.es a reserva dos eReaders da compañía con pantalla táctil nos seus modelos con Wi-Fi e 3G. O 27 (...)
Ler máisApple anuncia que repartirá dividendos e que vendeu 3 millóns de unidades do novo iPad
O pasado venres saíu á venda en EE.UU., Australia, Canadá, Francia, Alemaña, Hong Kong, Xapón, Porto Rico, Singapur, Suíza, Reino Unido e Illas Virxes o novo iPad, que coa súa pantalla Retina, un procesador A5X e unha cámara de 5 Mpíxeles capaz de gravar vídeo a 1.080p convenceu a numerosos consumidores para converterse no lanzamento dun iPad máis forte ata o (...)
Ler máisAs últimas cámaras de Nikon poderán verse en primicia na Coruña
O vindeiro 22 de marzo en quendas de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e tarde (de 16:30 a 18:30 horas) terá lugar no Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña (PALEXCO) a presentación das novas cámaras DSLR de Nikon, a Nikon D4 e a Nikon D800, nun evento organizado por Foto Artús e que contará coa presenza de Javier Garcés, experto en produto profesional de (...)
Ler máisOs tablets con Android achéganse en cota de mercado ao iPad
Datos publicados por IDC indican que durante o último trimestre de 2011 o número de tablets distribuído a nivel mundial medrou un 56,1% chegando a 28,2 millóns de unidades, o que suporía un incremento interanual do 155% e sumando un total de 68,7 millóns de unidades durante todo o ano, evolución que leva á compañía de análises de mercado a modificar as súas (...)
Ler máis0 | ... | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | 180 | 190 | 200 | ... | 660
