El Chavo del Ocho estrea xogo para Wii
mércores, 25 de abril do 2012
A serie de televisión El
Chavo del Ocho é todo un clásico de Roberto Gómez Bolaños, máis coñecido
como Chespirito, que tras a súa
modernización como serie de animación serviu de inspiración para un novo xogo
para Wii desenvolvido por Kaxan Games que sairá este venres á venda en México
(descoñécese polo momento se terá distribución ao outro lado do Atlántico) e
que incluirá
máis de 30 mini-xogos como “romper a
piñata, comer pozole e aventar galiñas”.
El Chavo estará
dispoñible en inglés, portugués e español, e contará coa presenza de personaxes
como La Popis, Kiko, o profesor
Jirafales, dona Florinda, don Ramón e a
bruxa do 71, permitindo que ata 4 persoas á vez poidan gozar deste party game.
Aínda que este xogo para Wii non chegase a España, os seareiros de El Chavo poden conformarse por un xogo para iOS
que está dispoñible na App Store por 0,79 euros, e que tamén inclúe
numerosos mini xogos que poderán descubrirse nunha feira instalada na
veciñanza. En Facebook tamén está dispoñible o xogo La Vecindad de
El Chavo, polo que os que só queiran lembrar as aventuras do personaxe
de Chespirito poderán gozar uns
minutos de tal xogo sen gastar un can.
- El Chavo inclúe varios mini xogos coma se fose un Mario Party
- El Chavo xa ten dende hai meses un xogo para iPad
- No xogo para iPhone de El Chavo tamén saen populares personaxes da serie de televisión