Educación recoñece o papel normalizador das redes de 12 proxectos galegos

luns, 28 de abril do 2008 Fernando Sarasketa

A semana pasada puidemos coñecer de primeira man os nomes dos proxectos recoñecidos nos Premios Educativos que convoca cada ano a Xunta e que van encamiñados a poñer de relevo todo tipo de iniciativas postas en marcha en Galiza a prol dunha mellora da ensinanza a todos os niveis: a nivel de profesorado, de comunicación co alumnado e de transmisión das materias mesmas.
Dáse a casualidade de que con estes galardóns, convocados pola Consellería de Educación, valórase de xeito moi especial aquilo que ensamble con meirande conveniencia e racionabilidade a aprendizaxe co uso e fomento das novas tecnoloxías. Dito doutro xeito: cunha boa parte destes premios valórase a importancia da información que se transmite polas redes pero tamén o emprego destas redes en si mesmo, información a fin de contas.
Segundo sinalou a Consellería, a edición 2007 dos mesmos rematou coa entrega de 47 galardóns, dos que unha ducia estaban ligados de xeito directo a recursos educativos para a Sociedade da Información, catro para proxectos educativos centrados en valores democráticos, e 27 á innovación educativa.
Na modalidade de recursos para a Sociedade do Coñecemento os gañadores foron estes proxectos:

Modalidade A: ferramentas de autor

  • 1º Premio (6.000 €) Proxecto Xogamos?, Feliciano José Couto Escanciano

Modalidade B: materiais curriculares web

  • 1º Premio (6.000 €) A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial, Antonio Lomba Baz
  • 2º premio (4.000 €) Tecnoloxía na ESO, María Loureiro González
  • 3º premio (3.000 €) Planeta dixital, José Carlos Vázquez Martínez
  • 3º premio (3.000 €) Tempus fugit, Agustín Carracedo Santos
  • 3º premio (3.000 €) A empresa no cine, José Ramón Fraga Rodríguez
  • 3º premio (3.000 €) Dicionario de termos de arte, Xosé Manuel Vicente Trigo

Modalidade C: galerías de imaxes e vídeos didácticos

  • 1º Premio (3.000 €) A cova de Ceza, Javier Santiago Caamaño
  • 3º premio (1.000 €) A volta do xogo popular, José Luis Río Silva

Modalidade D: aplicacións de software libre

  • 1º Premio (6.000 €) Traducíndote, Manuel Morán Vaquero
  • 2º premio (4.000 €) Websqusr, Francisco Javier Taboada Aguado
  • 3º premio (3.000 €) Galinux-Slax, Teodosio Francisco Ramírez Jorquera


A resolución da Consellaría onde se resolveu a convocatoria dos premios a recursos educativos da Sociedade do Coñecemento publicouse no DOG do 18 de decembro de 2007.

PUBLICIDADE