Creado en Sevilla un centro tecnolóxico de TDT con vistas a converterse en laboratorio de referencia de I+D+i en TV dixital

martes, 13 de outubro do 2009 Raquel Noya

O operador de redes de transporte e difusión de telecomunicacións nacional, Axión, xestor de infraestruturas compartidas de telecomunicacións que actúa como provedor de servizos para radio e televisión analóxia e dixital, telefonía móbil e fixa e outros servizos de telecomunicacións en todo o territorio nacional, vén se asinar un acordo de colaboración con Prodetur (Sociedade para a Promoción do Desenvolvemento Económico e do Turismo da Deputación Provincial de Sevilla) e varias entidades do sector das TIC para poñer en marcha un centro en Sevilla para o fomento e a innovación na área da TDT. Con este acordo, Axión, responsable do despeque do múltiplex autonómico de Televisión Dixital Terrestre en Andalucía, acolle na súa sede da localidade sevillana de Valenciana de la Concepción un laboratorio experimental e unha plataforma de probas para a súa explotación por parte das empresas involucradas no desenvolvemento de contidos e probas TDT, así como para empresas interesadas en aplicacións interactivas e/ou formación técnica. Por outra banda, Giralda TV, a Televisión Dixital do Concello de Sevilla, servirá de soporte para poder realizar probas reais de contidos que produza o laboratorio. Asemade, esta plafatorma contará coa experiencia e o coñecemento de CITIC, o Centro Andaluz de Innovación e Tecnoloxías da Información, así como da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Andalucía Occidental ASITANO, que aportará, segundo afirman os responsables do proxecto, “a súa experiencia no sector”. O laboratorio, dotado por Prodetur en colaboración coa Consellaría de Innovación, Ciencia e Empresa de Andalucía, nace coa vocación de converterse nun centro tecnolóxico de referencia para o fomento do I+D+i na televisión dixital.

PUBLICIDADE