Compostela destaca entre as 4 cidades españolas nas que haberá feira Maker no que resta de ano
xoves, 1 de setembro do 2016
As Feiras Maker, fenómeno global que se estendeu por máis de 190
cidades do planeta, terán en España un dos seus epicentros na segunda metade de
2016, na que se celebrarán un total de catro Maker Faires. Madrid en setembro,
Santiago de Compostela e León en outubro e Bilbao en novembro realizarán as
súas respectivas versións do festival de tecnoloxÃas creativas máis grande do
mundo, a Maker Faire, un tipo de evento que congrega a fanáticos de tecnoloxÃas
como as impresoras 3D, os drons, a moda interactiva, a robótica e a
programación creativa para compartir os seus proxectos e coñecemento co gran
público.
Este tipo de eventos son o principal escaparate da cultura ou movemento Maker, considerado como unha
importante ferramenta para incrementar a
innovación de base tecnolóxica
entre a xente moza, polo que é todo un luxo que en Galicia podamos contar con
encontros deste tipo que dinamicen industria e sociedade, instando á
exploración da senda aberta pola cultura Maker.
Nas Maker Faires pódense ver
desde robots humanoides de
tamaño real ata vestidos que integran luces controlables desde o móbil, submarinos, drons, impresoras 3D
e todo tipo de instalacións interactivas serán compartidos co gran público.
Todos teñen en común a filosofÃa Do-It-Yourself,
ou faino-ti-mesmo, asà como o uso de novas tecnoloxÃas de creación e fabricación
dixital de vangarda que anticipan algunhas tendencias tecnolóxicas, en ocasións con anos de antelación.
O movemento Maker é o nome que reúne baixo un mesmo paraugas a un crecente número
de persoas de distintos perfÃs que están usando técnicas Do-It-Yourself
e Do-It-Together para desenvolver tecnoloxÃas únicas e solucións
innovadoras. Europa é o continente que ten un maior número de Makerspaces e Fablabs, ademais de dar
a luz a proxectos como Arduino,
Raspberry Pi ou RepRap, todas ferramentas
de código aberto que democratizaron o acceso a tecnoloxÃas como a electrónica, a programación e a impresión 3D. Cada ano celébranse máis de 50
Maker Faires e Mini Maker Faires no continente. A versión realizada en Roma é a
principal de Europa, con máis de 100.000 visitantes na súa terceira edición en
2015. A Compostela Mini Maker Faire foi a terceira, detrás de ParÃs.
A cultura Maker e a súa filosofÃa de compartir coñecemento
está permitindo a creación de novos
espazos de encontro e traballo (Hackerspaces, Fablabs, Makerspaces, Techshops)
nos que se fabrican as últimas vangardas tecnolóxicas e que favorecen a transferencia de coñecemento desde a
base da pirámide; novos traballos
que non existÃan ata o de agora (tecnólogo
creativo, deseñador de
interacción, emprendedor dunha
startup de hardware, fabricante
ou distribuidor de impresoras 3D, experto educativo, piloto
de drons e moitos máis); novas
ferramentas educativas que funcionan con todos os públicos e que son accesibles a todos a través de Internet; e novos tipos de festivais-feiras que potencian o uso das tecnoloxÃas creativas como as Maker Faire.
Todas as feiras
manteñen aberto o seu chamamento a
proxectos, animando a tecnólogos, deseñadores, artesáns, artistas,
profesionais, afeccionados, colectivos, empresas e todo tipo de organizacións a
presentar o seu proxecto e darse a coñecer ante as decenas de miles de persoas
que acoden a este novo tipo de festivais que combinan diversión para todos os
públicos coas novas tecnoloxÃas.
Poden presentarse a unha Maker Faire os seguintes tipos de proxectos:
- Robótica e programación creativa
- Drons
- Submarinos
DIY
- Proxectos
con Arduino
- ArtesanÃa
dixital
- Proxectos
astronomÃa ou exploración espacial en xeral
- Arte
New Mediax
- Deseño, impresión 3D e Fabricación Digital
- Uso
creativo de máquinas de control numérico (fresado, láser, plasma..etc.)
- Crafting
- E-TextÃs, wearables, moda e
tecnoloxÃa.
- Green Tech, tecnoloxÃa ao servizo da
transición ecolóxica.
- Radiocontrol
- TecnoloxÃa Vintage (videoxogos,
ordenadores mÃticos, sibaritas do chip)
- Electrónica
- VehÃculos eléctricos
- Ciencia Cidadá
- BiologÃa-Biofabricación
- Extreme making
- Instalacións de gran formato
- Refuxios, cúpulas, domos, inflables
Instrumentos musicais DIY
- Máquinas imposibles
- Repara-reutiliza-recicla-mellora. Upcicling
& Tech
- TecnoloxÃa social. Proxectos que
marcan a diferenza
E actualmente a Maker Faire
Galicia, que desenvolverase entre os dÃas 1 e 2 de outubro no Palacio de
Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, está aÃnda aberta
á recepción de propostas argalleiras para enriquecer este importante evento.