Compostela Monumental activa un curso de alfabetización dixital para persoas desempregadas

luns, 11 de marzo do 2024 S. P.

As persoas participantes do Programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental e a Xunta de Galicia comezaron este mes de marzo o curso de Alfabetización Dixital que imparte a técnica de Compostela Monumental, Teresa Martínez Álvarez.
O obxectivo que se persegue, en palabras de Compostela Monumental (a patronal do centro histórico de Santiago) é que o alumnado aprenda a manexar con destreza as aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación así como as aplicacións informáticas máis usuais na rede Internet”.
Esta acción, ha ten unha duración de 25 horas e rematará o vindeiro 8 de maio.
O Programa Integrado de Emprego (PIE) de Compostela Monumental finalizará en novembro de 2024 cun obxectivo mínimo de inserción do 45% e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Formación para ou Emprego e Orientación da Xunta de Galicia.

PUBLICIDADE