Compostela Monumental achega formación en TIC, redes sociais e marca persoal
mércores, 13 de outubro do 2021
A
Asociación
de Comerciantes e Empresarios Compostela Monumental anunciou que
levará a cabo, a partir deste 18 de outubro, unha actividade
formativa directamente encamiñada a favorecer a empregabilidade a
través da formación tecnolóxico-dixital. O curso TIC, redes
sociais e marca persoal celebrarase por medio da aula en liña da
asociación, a Aula Compostela Monumental.
Esta
acción formativa do Programa Integrado de Emprego que organizan
conxuntamente a patronal do centro histórico e a Dirección Xeral de
Formación e Colocación da Xunta de Galicia prolongarase até o dÃa
29 de outubro cos seguintes contidos:
Módulo
1. Redes sociais: tipos, caracterÃsticas e usos.
Módulo
2. A procura de emprego a través do TIC (TecnoloxÃas da Información
e a Comunicación) e as redes sociais.
Módulo
3. Xestión da marca persoal nas redes.
En
total son 15 horas de formación en liña para os/as integrantes do
Programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental 2020/2021.