Commandos 3 incluirase no Game Pass
martes, 16 de agosto do 2022
Microsoft está a anunciar os novos
xogos que chegarán ao catálogo de Xbox Game Pass, entre os que destaca
enormemente a remasterización
en alta definición de Commandos 3, que estará dispoñible dende o 30
de agosto para consola, PC e xogo na nube, de xeito que moitos xogadores teñen
asà unha grande oportunidade para rememorar unha franquÃa que foi un dos
meirandes éxitos do sector español dos videoxogos. O mesmo dÃa tamén estarán
dispoñibles o grande xogo Immortals Fenyx Rising e os tÃtulos independentes
Immortality e Tinykin.
Outros xogos independentes que chegarán ao Game Pass serán Caffee Talk
(dende hoxe mesmo), Midnight Fight Express (que chegará o dÃa 23) e Exapunks
(a partir do 25 de agosto), completando estas novidades o vindeiro dÃa 25 Opus:
Echo of Starsong - Full Bloom Edition.
O xogo máis importante dos que chegan ao Game Pass é claramente Immortals
Fenyx Rising, no que encarnaremos a unha semideusa que procurará salvar
aos deuses gregos valéndose dos seus poderes, da espada de Aquiles e das ás de
Dédalo, loitando contra inimigos como Medusa, os ciclopes e outras criaturas
mitolóxicas ao longo das sete rexións que forman un rico mundo aberto. Un xogo
moi interesante, que incluso está adaptado para aproveitar as bondades das últimas
consolas de Microsoft.