Codigocero.com cumpre nove anos de vida
martes, 27 de xullo do 2010
- O director de Código Cero, Xosé MarÃa Fernández Pazos, nunha imaxe tomada durante o primeiro ano desta publicación.
Nove anos, 3.287 dÃas é a
vida deste portal, que naceu o 25 de xullo do ano 2001 e que este domingo
cumpriu anos. Nacido dun programa radiofónico, codigocero.com, é hoxe o sexto
medio de comunicación de Galicia na rede, e o primeiro integramente en lingua
galega. Ocupa o posto 152.111 do mundo e o 2.928 de España.
Con máis de 33.300 usuarios
únicos, o noso portal é consultado por unha maiorÃa de internautas con estudos
superiores, que o fan case na mesma proporción desde o traballo que desde o
fogar, e case na mesma proporción de homes que de mulleres, iso si, no caso dos
homes con idade menor de 45 anos e no das mulleres por riba dos 40 anos.
Código Cero é visitado
mensualmente por máis de 250.000 internautas, cunha permanencia media no portal
de 354 segundos, e que descargan máis dun millón cen mil novas cada mes. A
estas espectaculares cifras únese o noso boletÃn diario, que reciben 2.884
subscritores de xeito gratuÃto, o que fai que se eleve o número de visitantes a
320.000 mensuais.
Hoxe codigocero.com é o
referente das novas tecnoloxÃas e da sociedade da información do noso paÃs.
Está escrito no cen por cento en galego, aÃnda que conta con tradución
automática ao castelán, e conta co apoio da súa irmá pequena, a revista Código
Cero, que distribúe cada mes cinco mil exemplares en máis de 250 puntos de
Galicia, e chega a preto de mil subscritores por correo ordinario e a preto de
3.000 por correo electrónico e en PDF.
Os responsables deste
proxecto son un grupo de amigos e traballadores que levan nove anos nesta
iniciativa, que comezou na súa web unha nova andaina, con novo deseño e unha
maqueta máis áxil, máis dinámica e con novas seccións, apostando amais polas
redes sociais e polo aspecto gráfico, que pasan agora a ser máis visibles no
portal.
Esperamos seguir contando co
apoio dos nosos lectores e co de empresas, administracións, organizacións e
asociacións, que manteñen este proxecto pioneiro en Galicia e en España e sen
os cales non serÃa posible seguir.
Desexamos que este re-deseño
sexa do agrado dos lectores, e por suposto esperamos contar co seu apoio e coas
súas suxestións, e agora máis co uso das redes sociais.
Mil grazas por estes máis de
3.300 dÃas de traballo, esforzo e ilusión e o noso desexo de ter polo menos
tres mil dÃas máis na nosa lingua.