Capcom celebra os seus 30 anos con descontos de ata o 75% nos seus xogos para PC
venres, 11 de outubro do 2013
Durante esta fin de semana Capcom quere celebrar o seu 30º aniversario
na plataforma de xogos en descarga para PC Steam, para o que ofrece todos os seus tÃtulos
con importantes descontos de entre o 75 e o 50%, o que é unha excelente
oportunidade para facerse con grandes tÃtulos a prezos moi atractivos.
Algunhas das grandes ofertas que temos serÃan o Capcom
Fighter Bundle (lote con Street
Fighter X Tekken e Super Street
Fighter IV Arcade Edition) cun 68% de desconto (o que quedarÃa en só 19,99
euros); Resident Evil 5 e Devil May Cry 4 por só
4,99 euros cada un; o recente DmC
Devil May Cry cun 75% de desconto (quedando en 9,99 euros); e incluso o
completo Capcom Action Hits Bundle
por só 54,99 euros, de xeito que polo prezo dun xogo fÃsico novo teriamos 8
grandes xogos (Bionic Commando: Rearmed,
Dead Rising 2: Off the Record, Dead Rising 2, Devil May Cry 4, Lost Planet 2,
Resident Evil 6, Resident Evil 5 e
Super Street Fighter IV Arcade Edition). Todos estes xogos están
dispoñibles unicamente para Windows, carecendo de versións para OS X ou Linux.