Call of Duty seguirá contando con versións para consolas PlayStation
luns, 31 de outubro do 2022
A compra de Activision-Blizzard por parte de Microsoft está
a ter certa resistencia por mor das denuncias de Sony ante as autoridades, argumentando
que o control de Microsoft sobre a franquÃa de Call of Duty atentarÃa á
competencia, e aÃnda que os datos non parecen dar por boas as afirmación da
compañÃa nipoa, Microsoft tivo que insistir en que os xogos bélicos de Activision
continuarán a ser multiplataforma.
O director xeral da división de videoxogos de Microsoft, Phil
Spencedr, chegou a asegurar que «a nosa intención é continuar a lanzar Call
of Duty para PlayStation», comparando o tratamento que darán a esta
saga ao que fixeron con Minecraft no seu dÃa. Este tipo de declaracións
non só asegurarÃan futuras entregas de Call of Duty para consolas
PlayStation, senón que tamén supón que a franquÃa contará con entregas para
Nintendo Switch, o que serÃa unha grande nova para os usuarios de consolas de
Nintendo, que non reciben un xogo da saga dende o Call
of Duty: Ghosts para Wii U en 2013.
Spencer salientou que manter Call of Duty en PlayStation é «un
imperativo comercial para o negocio de Xbox e a economÃa da transacción» de
compra de Activision, ou sexa, que non lanzar os xogos da franquÃa para
consolas PlayStation suporÃa unha perda de ingresos que Microsoft non estarÃa
disposta a asumir.