Caixanova faise co control accionarial de R

mércores, 10 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Unión Fenosa acordou a venda da súa participación do 35,44% no operador de cable galego R a Caixanova por 150 millóns de euros segundo informou a eléctrica á CNMV, co que Caixanova (que ata o momento contaba co 30% de R) superará o 50% do capital da operadora, mentres que o Banco Pastor manterá o seu 9,9% na mesma.
Con esta operación acálanse os rumores de que o principal operador de cable de España, Ono, podería mercar R, pois Galicia é unha das 4 comunidades autónomas nas que non dá servizo a través de rede propia, polo que parece natural pensar que ten a R, Eukaltel e Telecable no seu punto de mira de cara a futuras adquisicións.