Buscan financiamento para facer un videoxogos de Venres 13
mércores, 14 de outubro do 2015
A saga de pelÃculas de Venres
13 conseguiu converterse en todo un referente no xénero dos slashers, de xeito que o Campamento de
Crystal Lake e o seu asasino en serie son xa figuras da cultura popular, e
agora prometen chegar ao mundo dos videoxogos grazas a unha
campaña de micromecenado que está a desenvolverse en Kickstarter e que
pretende xuntar 700.000 dólares para que en cousa dun ano poida ser realidade o
xogo multi-usuario Friday the 13th: The
Game.
Detrás deste proxecto está Gun Media, estudio
que busca construÃr un multi-xogador asimétrico, no que un usuario tomará o rol
de Jason Voorhees, perseguindo a outros 7 xogadores que deberán fuxir do
carismático asasino, o que serÃa case por casualidade, xa que a idea deste xogo
inspirado en Venres 13 Ãa chamarse
inicialmente Summer Camp, pero tras
conversar co director da saga cinematográfica conseguiron que lles ofrecese a
licenza da franquÃa para facer o xogo. E non só conseguiron que o director Sean
Cunningham se involucrase neste proxecto, senón que tamén ficharon ao actor
Kane Hodder, que retomarÃa o rol de Jason nas sesións de captura de movemento.
Os interesados en patrocinar este xogo para facerse cunha copia cando estea
rematado poderán achegar a partires de 30 dólares para facerse cunha copia
dixital para PC, Xbox One ou PS4, que ten toda a pinta de superar a súa meta de
financiamento en poucos dÃas, xa que hai moito o interese por un tÃtulo editado
deste xeito: afastado das canles tradicionais, o que permite un nivel de
violencia e liberdade que dificilmente acadarÃa de terse comercializado a
través dunha editora tradicional.
Tráiler de presentación do xogo