Axustan a precisión de SteamVR para adaptarse a xogadores expertos de Beat Saber
martes, 12 de febreiro do 2019
O xogo
de ritmo en realidade virtual Beat Saber está a converterse en todo un
fenómeno que poderÃa compararse ao de xogos como Guitar Hero ou Rock Band,
no que os usuarios teñen que mover os seus controis de realidade virtual coma
se fosen espadas láser coas que destruÃr cubos virtuais que se achegan a eles seguindo
un ritmo musical.
O ritmo das cancións indican a espada que hai que empregar e incluso a
dirección á que debe moverse, o que supón todo un reto de coordinación que
algúns xogadores están a superar chegando a lÃmites que non se esperaban, de
xeito que a
última versión de SteamVR (a beta 1.3.2) tivese que «incrementar os lÃmites do
que pensamos que era humanamente posible para controis de movemento» tras
ver que usuarios expertos de Beat Saber
movÃanse máis rápido do que os mandos podÃan rexistrar, ou sexa, que habÃa xogadores
tan bos ao Beat Saber que o xogo en
SteamVR non podÃa seguirlles o ritmo.
Exemplo de como é unha partida de Beat Saber