Artigos desta sección
Disney Channel substituirá a Fly Music na TDT a partir do 1 de xullo
Trala súa entrada no accionariado de Net TV só era cuestión de tempo que a Disney dese o salto á Televisión Dixital Terrestre en España, e finalmente o cambio ten data fixada, e a partir do 1 de xullo a canle Fly Music abandonará a pequena pantalla para ser substituída pola canle temática Disney Channel, de xeito que a oferta televisivo infantil en aberto (...)
Ler máisA Coruña albergará en outono a primeira Mostra de Ciencia e Cinema
Seguimos a falar de actividades vinculadas ó lecer con vontade de seren útiles para a ciencia (isto vai pola información incluída hoxe mesmo nesta web sobre unha web de vídeo xogos dirixidos a mellorar a investigación). Desta volta, a iniciativa de natureza artístico-científica cóllenos máis preto, concretamente na Coruña, cidade que servirá de escenario para a (...)
Ler máisA web de Curtocircuíto está a captar atención internacional
A web do V Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, recibiu a máis de 2.000 visitantes de 65 países en só 11 días, o que augura un bo resultado para o certame que ten aberto o seu prezo de recepción de curtas en concurso ata o vindeiro 27 de (...)
Ler máisSeis empresas galegas participan a partir deste mércores no Audiovisual MAC08 de Catalunya
Galiza terá ampla representación no Audiovisual MAC08, feira do mercado catalán con sede en Granollers que, amais de constituír unha porta de entrada ó eido do dito país, tamén achega accesos para abrirse camiño no ámbito internacional (subministra espazos e recursos para que autores, produtores e distribuidores de todo o mundo se coñezan). O caso é que o salón, (...)
Ler máisO apagamento analóxico non se retrasará segundo o ministro de Industria
Nos últimos días se estaba a rumorear a posibilidade de que o ministro de Industria, Comercio e Turismo, Miguel Sebastián, anunciase que o apagamento analóxico da televisión en España se retrasase ata 2012, o que finalmente non se confirmou, pois Sebastián anunciou que tal operación se adiantará a Soria o vindeiro 23 de xullo coma xa pasou no concello lugués da (...)
Ler máisO certame Filminho tende unha nova ponte (audiovisual e dixital) cara ao país irmán
“Unha das maiores experiencias transfronteirizas nunca realizadas entre Galiza e Portugal”. Así, dun xeito que trata de tirar partido das vantaxes do dixital (gravación, montaxe, presentación perante o mundo) e do que hai a ámbalas beiras da liña é como presentan o certame Filminho a asociación cultural Morraceira, a Cámara Municipal de Cerveira e o Concello de (...)
Ler máisRTVE estrea a súa nova páxina web, que destaca pola súa canle de novas
Radio Televisión Española estreou hoxe a súa nova páxina web, que xa levaba un tempo en probas, e que destaca por incorporar unha gran canle de novas, así como permitir o acceso á carta da programación de televisión e radio do ente público. A nova web permite o acceso en directo a Canal 24 Horas de TVE e a Radio 1, Radio 2, Radio 3, Radio 4, Radio 5, Radio (...)
Ler máisO teletexto de TVE cumpre 20 anos
En maio de 1988 entrou en funcionamento o teletexto de Televisión Española, converténdose nun servizo pioneiro en España (pese a que xa chegara a outros países a comezos dos anos 70), ao que seguiron moitas outras televisións pese a que esta tecnoloxía tardou en incorporarse a televisores e reprodutores de vídeo. En todo este tempo (20 anos) o servizo do (...)
Ler máisRTVE permite probar o que será o seu futuro portal corporativo
Dende RTVE levan meses anunciando a futura renovación da súa web, de xeito que prometeran un portal informativo en primavera e, xa a longo prazo, a publicación na Rede do arquivo audiovisual do ente, e finalmente avanzan de cara ao público coa estrea dunha web en probas que xa se pode consultar e que inclúe moitas e interesantes novidades que supoñen a (...)
Ler máisA TDT aínda non chega ao 10% da Fonsagrada
O apagamento da televisión analóxica no concello da Fonsagrada, o primeiro de toda España, está a servir de campo de probas dos problemas técnicos que supón o tránsito á televisión dixital terrestre (TDT), pois o 10% do municipio lugués continúa sen cobertura da nova televisión, aínda que están a traballar para solucionar tal situación, o que se podería facer (...)
Ler máis0 | ... | 940 | 950 | 960 | 970 | 980 | 990 | 1000 | 1010 | 1020 | ... | 1280
