Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Amazon relanza a súa plataforma de vídeo baixo demanda

A tenda electrónica máis grande a nivel mundial, Amazon, leva tempo cun servizo de vídeo baixo demanda que se podería considerar en probas, e parece que xa chegou á súa madurez, e agora anuncian por todo o grande que a través de Amazon Video On Demand os usuarios de ordenadores PC e Mac poden ver ao instante películas e series de televisión sen cortes (...)

Ler máis

I+dea comeza a súa dinámica de traballo coas empresas do audiovisual galego

A Plataforma Tecnolóxica Audiovisual, Galega I+dea, liderada polo Clúster Audiovisual Galego e financiada pola Dirección Xeral de I+D+i, vén de anunciar que a partires de mañá venres día 5 de setembro reanudará o plan de acción dos seus grupos de traballo, integrados por empresas, centros tecnolóxicos e equipos de investigación das tres universidades galegas, que (...)

Ler máis

O director que conseguiu 75 millóns de espectadores no YouTube estará este venres en Santiago

Tendo en conta a cantidade de vídeos que se penduran cada día en YouTube, case poderíamos dicir que acadar que unha obra determinada sexa vista por máis de 100 internautas constitúe en boa medida un mérito. Neste senso, o caso do director madrileño Guillermo Zapata semella un caso aparte. El sozinho conseguiu atraer a atención na comunidade en liña de até 75 (...)

Ler máis

YouTube incorpora subtítulos aos seus vídeos

Para enriquecer a experiencia de visualización de vídeos e axudar aos creadores de contidos a ampliar a súa audiencia YouTube incorporou a posibilidade de engadir subtítulos aos clips publicados na súa plataforma, o que pode empregarse para achegarse aos usuarios con deficiencias auditivas ou que falen distintos idiomas. Os subtítulos poderán amosarse por (...)

Ler máis

O CMG mostra por videoconferencia as curtametraxes gañadoras do Curtas na Rede

O Centro Multimedia de Galicia vén de dar acollida a unha xornada de exhibición das curtametraxes gañadoras do concurso Curtas na Rede, onde algúns dos directores que se presentan á convocatoria deste ano, amosaron os seus traballos e contaron as anécdotas acaecidas no proceso de produción dos seus traballos. Con esta iniciativa, o Consello da Xuventude de (...)

Ler máis

Contigo na Rede, un proxecto de FAEGA para mellorar a calidade de vida dos enfermos galegos

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, mailo presidente da Federación de Asociación de Enfermos de Galicia (FAEGA), Jesús Pascual, veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o cal se porá en marcha o proxecto piloto Contigo na Rede, unha iniciativa que ten por obxecto a mellora da calidade de vida dos enfermos con insuficiencia (...)

Ler máis

Espíritu del Bosque participará no Festival Internacional de Cine Infantil de Chicago

A terceira longametraxe do estudio de animación Dygra Films, Espíritu del Bosque, vén de ser seleccionada polo Festival Internacional de Cine Infantil de Chicago para competir na súa sección oficial. O certame, que terá lugar entre os días 23 de outubro e 2 de novembro deste ano, celebra nesta edición o seu 25 aniversario. Dygra Films levará a Chicago a (...)

Ler máis

O vídeo baixo demanda pola Internet estrea alugueres a 0,99 dólares nos EE.UU.

Nos EE.UU. hai un popular servizo de vídeo baseado en hardware, Vudu, que permite ao usuario alugar e mercar películas a través un receptor (que custa 299 dólares) conectado á Internet e ao televisor. Este tipo de solucións intentan imporse coma alternativas aos videoclubs tradicionais, competindo tamén con plataformas de pago por visión de televisión por (...)

Ler máis

A Xunta asegura que se repectan os prazos da TDT en Galicia

Ante as denuncias do PP sobre o retraso da Televisión Dixital Terrestre en Galicia, a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta lembrou que somos a comunidade autónoma que máis financiamento estatal recibiu para o despregamento da TDT en 2008, cun total de 1,6 millóns de euros (aos que habería que sumar outra partida de igual contía por parte do Goberno (...)

Ler máis

A retransmisión dos Xogos Olímpicos en diferido leva aos norteamericanos a seguir as probas pola Internet

Os Xogos Olímpicos de Pequín estanse a converter no fenómeno mediático do verán, e nesta ocasión están a pór a proba distintas tecnoloxías e solucións de comunicación, así coma servir para medir o peso da televisión e da web no seguimento deste tipo de eventos. Resulta especialmente destacable o feito de que nos EE.UU. decidiron emitir en diferido as probas (...)

Ler máis

0 | ... | 890 | 900 | 910 | 920 | 930 | 940 | 950 | 960 | 970 | ... | 1280

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade