Artigos desta sección
Xplora manterá os seus contidos en liña tras abandonar a TDT
O vindeiro 6 de maio varias canles televisivas van abandonar a grella da TDT de ámbito estatal, e unha das de maior implantación, Xplora, vén de anunciar que non tira a toalla, e que tras o cesamento das súas emisións aéreas optará pola plataforma en liña ATRESPLAYER para continuar a ofrecer os seus documentais. Deste xeito, os seareiros dos numerosos espazos (...)
Ler máisMicrosoft anuncia as súas producións audiovisuais en curso
Aproveitando o rebumbio creado polo achado dos cartuchos de E.T. para Atari 2600 atopados no deserto de Novo México, Microsoft desvela o que será a súa proposta audiovisual para Xbox 360, Xbox One e outros dispositivos de Microsoft, que responderá ao nome de Xbox Originals, e que contará cunha serie de documentais e series de televisión desenvolvidos por (...)
Ler máisA webserie Fame prepara segunda tempada, logo do éxito da primeira (5.000 reproducións)
Finalmente a segunda tempada de Fame, a webserie cuxo nacemento avanzamos o ano pasado (salientando a presentación dos seus primeiros capítulos no Curso Audiovisual de Celanova e máis os trazos principais do seu argumento) vai ser unha realidade o mes de xullo incluíndo un total de cinco capítulos. A webserie, un proxecto que vén da man dun grupo de alumnos e (...)
Ler máisPecha con éxito a edición de apertura do primeiro festival de webseries do Estado: Carballo Interplay
Finalmente xa temos o palmarés dun certame audiovisual galego que vimos anunciando dende hai meses e que salienta entre o panorama de certames audiovisual por centrar o foco nun dos grandes fenómenos creativos do noso tempo: as webseries. Falamos da primeira edición do festival Carballo Interplay, que foi “primeira edición” por partida dupla: por unha banda (...)
Ler máisNetflix estrearase en novos mercados europeos na segunda metade do ano
A compañía de referencia entre os servizos de vídeo baixo demanda, Netflix, remitiu unha carta aos seus investidores para dar conta dos seus resultados relativos ao primeiro trimestre do ano, e os seus plans para o futuro, deixando claro que están ante un negocio con moito potencial que conseguiu superar os 48 millóns de usuarios e uns ingresos trimestrais (...)
Ler máisO alumnado do centro dos Dices de Rois conmemora por streaming as Letras Galegas
O centro público dos Dices de Rois está a impulsar unha innovadora actividade de promoción da nosa cultura. Trátase dun telexornal en directo, feito polos alumnos e o profesorado, para conmemorar a celebración das Letras Galegas. A iniciativa lévase a cabo hoxe mesmo ao mediodía dende a Cidade da Cultura de Santiago, onde se emite por streaming o telexornal a (...)
Ler máisA curta The Other Side imponse no festival de filmes rodados con iPhone de Los Ángeles
A curta The Other Side, da que falamos en Código Cero para salientar entre outras cousas que foi rodada integramente cun dispositivo iPhone 5, vén de proclamarse gañadora no certame iPhone Fim Festival de Los Ángeles, unha celebración audiovisual que amosa e reivindica producións de todo o mundo elaboradoras cos ditos dispositivos tecnolóxicos de Apple. A (...)
Ler máis9 canles terán que abandonar a TDT antes do 6 de maio
Atendendo a unha sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo do 27 de novembro de 2012, hai un ano o Concello de Ministros anulou o acordo de xullo de 2010 no que se asignaba un múltiple dixital de cobertura estatal para cada unha das sociedades licenciatarias do servizos de TDT de ámbito estatal sen mediación de concurso, medida que (...)
Ler máisExpertos reunidos polo CLAG coinciden en Santiago: a nube trae unha morea de posibilidades para o audiovisual
Este xoves celebrouse en Santiago unha interesante xornada sobre as cousas que pode facer a computación na nube para o noso tecido audiovisual. A sesión, na que participaron varios expertos en desenvolvemento e posta en marcha de solucións cloud, xirou arredor de vantaxes específicas destas solucións na produción de series, filmes ou videoxogos, como por (...)
Ler máisO cómic Powers converterase na primeira serie de televisión de PlayStation
O panorama audiovisual está a experimentar un importante impacto en mercados como o estadounidense coa emerxencia de series de televisión que se estrean fóra das canles tradicionais, como House of Cards e Orange is the New Black, producidas pensando na súa distribución a través da plataforma de vídeo baixo demanda Netflix, e agora vemos como Powers, a (...)
Ler máis0 | ... | 410 | 420 | 430 | 440 | 450 | 460 | 470 | 480 | 490 | ... | 1280
