Artigos desta sección
O Centro On amosará as curtas premiadas en Mundos Dixitais 06
O Centro On de Caixa Galicia sito no Cantón Pequeno nº 9 de A Coruña exhibirá as curtametraxes gañadoras do Festival Internacional de Curtametraxes de Animación Mundos Dixitais 06, incluíndo as pezas: Caballos de tiza (de Daniel Cánovas, elixida coma mellor curta estatal), 458NM (mellor curta internacional) e 90º (premio especial do (...)
Ler máisUnha web permite achegar os vídeos de YouTube ó móbil
Se ben un programador independente xa fixera unha interface para descargar os vídeos de Google Video no móbil, e YouTube anunciou que contará con versión móbil para 2007, resulta curioso que a historia se repita e unha web allea a YouTube permite o acceso ós seus contidos dende o móbil.TinyTube funciona dende o navegador de moitos móbiles e permite achegar os (...)
Ler máisAntena 3 lanza unha televisión de pago a través da Internet
Antena 3 anunciou o lanzamento unha canle de novas que emitirá durante as 24 horas a través da Internet emitindo bloques continuos de vídeos, actualizados segundo se van incorporando as últimas novas. Destaca por contar con dúas modalidades de pago: 1,2 euros por un día de subscrición ou 6 euros por un mes.Esta canle de televisión por IP, A3 Noticias 24, tamén (...)
Ler máisO Clúster Audiovisual Galego avaliará en Lugo, Santiago e Pontevedra as vantaxes do dixital no sector
O Foro Multiplataforma: a converxencia das producións dixitais vai manter especialmente activa até fin de ano en Galiza a reflexión arredor dun tema que toca de preto a tódalas persoas que traballan hoxe en día nos eidos audiovisual e/ou tecnolóxico: a revolución dixital. Esta cuestión, cinguida ás posibilidades de negocio que vai traer consigo, é o eixo do (...)
Ler máisConcretan máis detalles de cara ó lanzamento do Zune nos EE.UU.
A vindeira semana o Zune de Microsoft chegará ás tendas norteamericanas, e parece que dende a compañía de Redmond queren ter as cousas atadas e ben atadas, posto que para non ter problemas coa industria musical Microsoft pagará 1 dólar por cara Zune vendido a Universal Music. A Universal compartirá a metade destes ingresos cos autores dos temas.Ademais, tamén (...)
Ler máisA Cidade Perdida: un proxecto web e audiovisual para que o Vigo do pasado siga en pe
Internet é coma o sitio onde imos facer preguntas e onde agardamos que alguén nos conteste, logo de deixalas aí para que (quen sabe) xermolen ou reverdezan e vixiándoas de cando en vez e coa esperanza de atopar claves para unha sociedade máis xusta. Da longa listaxe de causas máis ou menos perdidas polas que pelexamos perante a pantalla, hai algunhas que nos (...)
Ler máisYa.com adiante no SIMO o que será a súa televisión por ADSL
Ya.com, a filial española de T-Online (Deutsche Telekom), presentará durante o SIMO o que será o seu servizo de televisión por ADSL que integrará programas, contidos e servizos interactivos.Para o lanzamento desta nova solución multimedia, Ya.com conta coa colaboración de Multicanal (empresa responsable de canles coma Xtreme Sports, Canal Cocina, Canal (...)
Ler máisA FEGAMP pídelle á Xunta máis compromiso no despregue da TDT
A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) vén de solicitar á Xunta máis compromiso no que se refire á instalación e mantemento da Televisión Dixital Terrestre. Máis polo miúdo, o que lle pide a FEGAMP ó Goberno autonómico é que asuma todo o proceso derivado da posta en marcha da infraestrutura e posterior seguimento dos centros reemisores e dos (...)
Ler máisYouTube podería saltar ós móbiles en 2007
O director executivo e co-fundador de YouTube, Chad Hurley, sinalou nunha conferencia que a oferta de servizos de vídeo para móbiles será unha oportunidade chave para a súa compañía afirmando que agardan “facer algo nos dispositivos móbiles”, xa que supoñen un enorme mercado, de xeito que en 2007 poderiamos ter agradables sorpresas.No mes de maio YouTube xa (...)
Ler máisYouTube di adeus a Jon Stewart (e ó resto de programas de Comedy Central)
Trala súa adquisición por parte de Google, estaba claro que a política de YouTube tiña que cambiar para que a empresa non morrera asfixiada polos xuízos provocados pola súa falta de respecto polos dereitos de autor dos contidos publicados na súa web como acontecera con Napster, así que dende Google xa anunciaran que eliminarían os materiais protexidos por (...)
Ler máis0 | ... | 1190 | 1200 | 1210 | 1220 | 1230 | 1240 | 1250 | 1260 | 1270 | 1280
