Artigos desta sección
Squirrel ocupa o espazo deixado por Disney Channel na TDT
A canle da TDT que leva en emisión dende 2008, Disney Channel, dixo adeus tras ter deixado pegada en toda unha xeración ao ofrecer en aberto series como Hannah Montana e Lilo y Stitch. O espazo que deixou na grella de televisión a canle da Disney pasa a estar ocupado por un marca até o de agora descoñecida para o público: (...)
Ler máisA vindeira fin de semana poderemos ver Apple TV+ de balde
Unha das plataformas de streaming ás que lle está a custar máis traballo callar entre a poboación é Apple TV+, en boa medida polo problema de marca que supón asociarse á compañía da mazá (que pode levar a entender que é preciso contar con equipos de Apple para gozar do servizo), e para contribuír á súa difusión ten agasallado períodos de proba de distintos xeitos, (...)
Ler máisA TVG participará en 7 novos proxectos cinematográficos
A Televisión de Galicia está a rematar o ano dando conta da súa aposta polo audiovisual galego coa participación en sete novos proxectos cinematográficos, dos que cinco son películas (unha de animación) e dous son proxectos documentais, que poderán verse tanto na TVG como en AGalega.gal. O detalle destes investimentos pode consultarse no Portal de (...)
Ler máisPrime Video incorpora á súa tenda máis de 300 tempadas de series de televisión
Prime Video anunciou unha ampliación significativa da súa oferta en España a partir de hoxe, cando pasan a ofrecerse máis de 300 tempadas de series de televisión para a súa compra, ofrecendo así máis opcións e flexibilidade para acceder aos nosos contidos favoritos (aínda que na meirande parte dos casos é bastante máis económico subscribirse a unha plataforma que (...)
Ler máisSkyShowtime intégrase na oferta audiovisual de MasOrange
Hai un ano Movistar Plus+ anunciaba a incorporación de SkyShowtime á súa oferta de televisión, e agora é MasOrange a compañía que fai o mesmo, anunciando que os seus clientes poderán gozar tanto dos contidos de SkyShowtime baixo demanda como da canle lineal de SkyShowtime, conseguindo así que esta plataforma entre nun maior número de (...)
Ler máismiMovistar Ficción integrará Apple TV+
Movistar vén de chegar a un acordo con Apple TV+ para integrar a súa oferta audiovisual no seu paquete miMovistar Ficción a partir do vindeiro día 20, converténdose no primeiro operador español en incorporar a plataforma de vídeo baixo demanda da compañía da mazá.
Ler máisO proxecto de Lei de servizos dos medios públicos de Galicia vai camiño do Parlamento
O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, “que agora comezará a súa tramitación parlamentaria” segundo deu a coñecer hoxe o presidente Rueda. O obxectivo da normativa é adecuar a actual lei (que data de 2011) “aos cambios que houbo nestes anos no audiovisual” así coma adaptala ao (...)
Ler máisA CRTVG estará presente no Culturgal esta fin de semana
A CRTVG contará cun espazo na Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra, até o vindeiro domingo, achegando a este encontro o seu estudio virtual, cun fondo de chroma, onde os visitantes terán a posibilidade de converterse por un intre en presentadores dun telexornal e verse reflectidos nunha pantalla de gran (...)
Ler máisIbai e Xokas percorren o Camiño de Santiago
Moitas son as iniciativas audiovisuais que promoven o Camiño de Santiago, pero unha das que posiblemente vai dar máis que falar nos vindeiros días é a que vén de comezar o creador de contidos Ibai Llanos, quen acompañado polo lugués Joaquín Domínguez El Xokas¸ percorrerá 165 quilómetros do Camiño en 8 etapas con paradas en O Cebreiro, Triacastela, Sarria, (...)
Ler máisO luns chega á Galega Salvaxe, un novo reality de aventuras
O vindeiro luns comeza na TVG e en AGalega.gal o reality de aventuras Salvaxe, presentado por María Lamela, no que 18 concursantes, divididos en dous equipos, deberán superar distintos retos físicos e mentais que porán a proba a súa resistencia, intelixencia, forza e capacidade de traballo en (...)
Ler máis0 | ... | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | 120 | 130 | 140 | ... | 1280
