Astérix: Represalia Total convÃdanos a defender a aldea gala dos romanos
martes, 12 de novembro do 2013
Os afeccionados ás aventuras en banda deseñada do galo
Astérix que gusten de xogos como Plants
vs. Zombies estarán entusiasmados co novo xogo de Bulkypix, Astérix: Represalia
Total, un xogo de defensa no que haberá que protexer a aldea gala dos
romanos colocando obstáculos no seu camiño, asà como a moitos dos populares
galos das historietas gráficas, que terán cadansúas habilidades, polo que a súa
colocación dependerá das estratexias que queiramos adoptar. Non falta a poción
máxica de Panoramix e a posibilidade de convocar a heroes como Astérix ou
Obélix para botar unha man contra as hordas romanas.
Este divertido xogo permite empregar poderes especiais dos deuses galos contra
os romanos, mini xogos e a posibilidade de vivir a experiencia de xogos como
unha aventura de rol ou un arcade. Está dispoñible
para Android e para
iOS a un prezo de 1,79 euros, en vez de apostar polo free-to-play como o recente Astérix:
Megabofetón.
- O novo xogo de Astérix é un clásico tower defense
Trailer do xogo para iOS e Android