As webseries It’s fine, I’m fine e A arte de ser mal pai conquistan o palmarés do 10º Carballo Interplay

luns, 3 de abril do 2023 S. P.

Finalmente a organización do certame de contidos dixitais e webseries Carballo Interplay, que chegou á súa decima edición novamente organizado por Interplay Producións e o Concello de Carballo, deu a coñecer este sábado 1 de abril o seu palmarés. En concreto, o premio á mellor serie foi para It’’s fine, I’’m fine e os galardóns á mellor serie galega e o premio do público foron para A arte de ser mal pai.
Pola súa banda o premio á mellor dirección foi para Fake Live e, ademais, o xurado novo premiou a belga Frangine$ Eire Cid.
Ademais, Rosalía Quiroga e Cora fixéronse co premio ao mellor proxecto de serie web en galego con A moza que abortou e o contou, un falso documental sobre o aborto relatado a través da pantalla dun teléfono móbil que se estreará na próxima edición do Festival de Contidos Dixitais
Dende o mércores en Carballo... e na Rede
A 10ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrou dende o mércores en Carballo e na Rede (a través do streaming), pechou o pano de fondo na noite deste sábado 1 de abril coa gala de entrega de premios ás mellores series para web na que triunfaron a comedia sobre a saúde mental It’’s fine, I’’m fine, o thriller sobre as redes sociais e a identidade Fake Live, e A arte de ser mal pai, a historia dos últimos días que pasa un pai ca súa filla.
O xurado, composto por Excómplice, Burnin’’ Percebes e Alejandro Rodríguez, outorgoulle a It’’s fine, I’’m fine, o premio a Mmllor serie, dotado con 800 euros e trofeo, así coma o de mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo.
O de mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, foi para A arte de ser mal pai e Pringadas.
O premio para mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, foi para a brasileira Fake Live.
As asistentes ao Carballo Interplay tamén tiveron a oportunidade de escoller a súa webserie favorita e finalmente decidiron que a gañadora ao premio do público, dotado de 400 euros, sexa A arte de ser mal pai. Pola súa parte, o xurado novo, composto por Xulia Lomba, Cés e Xacobe Bruña, decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Frangine$, a historia de dúas irmás que deciden reencontrarse tras dez anos separadas para secuestrar ao seu pai. Tamén deron unha mención honorífica á serie checa TBH, que conta a historia dun instituto no que aparentemente vai ter lugar un atentado.
Premio ao mellor proxecto de webserie en galego
Reunido en Carballo o xurado composto por Xosé Regueira, Anxos Fazáns, Adrián Lede e Sonia Méndez decidiu outorgar o premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 3.000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a A moza que abortou e o contou, de Eire Cid, Rosalía Quiroga e Cora, un falso documental que narra a través da pantalla dun móbil a historia dunha rapaza que decide contarlle á súa familia a súa decisión de abortar. A serie estrearase na próxima edición do Carballo Interplay.
Palmarés
Mellor serie, dotado con 800 euros e trofeo: It’’s fine, I’’m fine
Mellor serie versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo: A arte de ser mal pai e Pringadas
Premio do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo: Frangine$
Premio do público, dotado con 400 euros e trofeo: A arte de ser mal pai
Premio a mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo: It’’s fine, I’’m fine
Premio a mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo: Fake Live
Premio a proxecto de serie web en galego, dotado con 3.000 euros e trofeo: A moza que abortou e o contou.

PUBLICIDADE