As universidades galegas, excluÃdas dos mellores postos no ranking de campus investigadores
mércores, 29 de abril do 2009
A revista Magisterio vén de publicar en exclusiva o que se poderÃa considerar a listaxe de greatest hits das universidades internacionais en materia de investigación e innovación tecnolóxica (accesible xa en pdf). O ranking, que non inclúe nos seus primeiros postos a ningunha das tres galegas (Santiago, Coruña e Vigo), ten en conta factores como a pegada que deixan os documentos cientÃficos xerados por cada institución académica, polo que non entran en xogo á hora de valorar o traballo duns campus e outros elementos como a súa envergadura ou cantidade de estudantes e corpo docente.
Como era máis ou menos de agardar, os primeiros postos están acaparados polos centros dos Estados Unidos, moi discutibles en gran parte dos seus aspectos (esa teima coas irmandades, os ritos de iniciación e o exclusivismo…) pero polo visto en boa sintonÃa co tecido económico innovador do paÃs.
Polo que respecta á clasificación española, dicir que aà tampouco albiscamos presenza galega entre os quince primeiros postos, estando o primeiro ocupado pola Universitat Pompeu Fabra (na imaxe), unha institución académica que pinta moito a nivel estatal, pero non tanto no eido europeo, xa que baixa ata o posto 108. Tras dela, veñen os campus de Barcelona, Valencia e da Autónoma de Madrid, xa a moita distancia de calquera situación medianamente privilexiada do ranking internacional. A mellor situada das nosas institucións nos estudos estatais é a de Vigo, no 18, seguida da USC no 27 e da UDC no 40.
Por certo que os traballos de elaboración da listaxe correron a cargo da empresa española Scimago, quen desenvolveu o seu labor sobre o alicerce dos datos achegados polas revistas Scopus, abranguendo o lustro 2003-2007. Esta é a listaxe das institucións que máis pintan a nivel internacional en materia de Investigación e Desenvolvemento tecnolóxico:
1 The Rockefeller University EEUU 3,09
2 California Institute of Technology EEUU 2,94
3 Princeton University EEUU 2,89
4 University of California, Santa Cruz EEUU 2,88
5 Massachusetts Institute of Technology EEUU 2,81
6 Harvard University EEUU 2,77
7 University of Chicago EEUU 2,63
8 Stanford University EEUU 2,62
9 Carnegie Mellon University EEUU 2,49
10 U. of Massachusetts, Med. School at Worcester EEUU 2,49
11 University of Texas Southwestern Medical Center EEUU 2,47
12 University of California, San Francisco EEUU 2,46
13 University of California, Berkeley EEUU 2,46
14 Washburn University EEUU 2,44
15 University of Texas EEUU 2,43
A clasificación, que foi presentada polo Consello Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC) a semana pasada, baséase no Ãndice normalizado das citas por documento obtidas polas publicacións de cada universidade (Crown Indicator). A idea é, polo tanto, facela o máis independente posible da envergadura da institución. Como puidemos ver, o dominio dos campus estadounidenses é máis que abrumador, e cómpre irse ata o posto 25 para ver a primeira presenza europea, concretamente a da Erasmus Universiteit de Rotterdam, con sede en Holanda. Como dixemos, a primeira española que se albisca na clasificación mundial é a Pompeu Fabra.
Polo que respecta á listaxe española, o dominio vén da man das universidades de Levante, con excepción de dúas navarras, a pública e a privada, unha madrileña, unha andaluza e outra de Castela e León. Estes son os postos obtidos por cada unha delas:
1 Universitat Pompeu Fabra 1,89
2 Universitat de Barcelona 1,53
3 Universitat de Valencia 1,50
4 U. Autónoma de Madrid 1,49
5 Universitat d’’Alacant 1,43
6 Universitat Rovira i Virgili 1,42 [
7 Universidat Jaume I 1,40
8 U. Autónoma de Barcelona 1,33
9 Universitat de Lleida 1,33
10 Universidad Pública de Navarra 1,32
11 Universidad de Girona 1,31
12 U. Politécnica de Valencia 1,29
13 Universidad de Navarra 1,25 [
14 Universidad de Salamanca 1,23
15 Universidad de Córdoba 1,23
