Artigos desta sección
O 20 de maio chegará WiiWare a Europa
Nintendo traerá a Europa a súa canle de descargas WiiWare, que chegará o vindeiro 20 de maio con títulos coma ActionLoop Twist,Critter Round-Up, Dr. Mario & Germ Buster, Final Fantasy Crystal Chronicles: My Life as a King, LostWinds, Plättchen Twist ‘n’ Paint, Pop, Project Bang!, Star Soldier R e Toki Tori, que se poderán adquirir dende 500 Wii Points. A (...)
Ler máisSamsung lanzará en xuño os seus reprodutores S2 e S3
Samsung vai comezar a vender dous novos reprodutores musicais portátiles que destacan polo seu atractivo deseño conforma redonda e diversidade de cores cos que pretende atraer a un público cada vez máis interesado na aparencia dos seus trebellos. O reprodutor máis básico desta nova liña será o S2 Pebble, que conta con só 1 Gb de almacenamento, sintoniza radio (...)
Ler máisXa circulan pola Rede copias do GTA IV, que promete ser o xogo do ano
O vindeiro martes chega ás tendas españolas o agardadísimo xogo Grand Theft Auto IV, que promete ser o lanzamento máis importante do ano para Xbox 360 e PlayStation 3, e que non chega sen ausencia de polémica pola súa violencia e mesmo polo feito de que xa circulan copias do xogo antes da súa posta á venda. Nas redes P2P está dispoñible unha copia da versión (...)
Ler máisBolígrafo espía con cámara integrada
Nas películas de espías vemos moitas veces cámaras de vídeo de tamaño reducido, e agora parece que xa están o alcance de case calquera, e como exemplo temos un produto de Digital Cowboy, o bolígrafo espía DVR-BP, que incorpora unha microcámara CMOS de 1 milímetro, micrófono, 2 Gb de memoria e unha batería que lle dá unha autonomía de 2 horas, de xeiot que serve (...)
Ler máisConcentrador USB alimentado por 2 portos
Na coñecida tenda asiática Brando venden un interesante concentrador USB que destaca por non ocupar unha toma USB, senón porque pode funcionar ocupando 2 portos USB para achegar máis potencia de corrente, o que lle serviría para alimentar a 3 portos USB normais e 1 porto mini-USB, resultando de grande utilidade para sincronizar ou cargar distintos (...)
Ler máisMEDION anuncia o seu ultraportátil a 399 euros
Os fabricantes asiáticos non son os únicos que plantan cara a Asus e o seu Eee, e a empresa xermana MEDION vai introducir nos vindeiros días no mercado europeo o seu propio ultraportátil de baixo custo. O MEDION Akoya E1210 contará cunha pantalla de 10 polgadas, un procesador Intel Atom, 1 Gb de RAM, 2 portos USB, lector de tarxetas de memoria, saída de (...)
Ler máisChega a España a última creación de FX Interactive: o xogo Jack Keane
Dende hoxe os seareiros das aventuras gráficas xa temos á nosa disposición a nova creación de FX Interactive, trátase do videoxogo Jack Keane, que chega ó noso país, logo dun intenso proceso de localización que durou máis de tres meses, cen por cen en castelán. O xogo supón, segundo palabras dos seus creadores, “unha homenaxe ós clásicos de aventura”, cunha (...)
Ler máisLG presenta os seus televisores de plasma Xcanvas BoBos
LG vén de lanzar no mercado surcoreano unha nova liña de televisores de plasma chamados Xcanvas BoBos que destacan por ter un sistema de altofalantes invisibles. Dentro desta nova familia de televisores temos modelos de 3 distintos tamaños (42, 50 e 60 polgadas) que inclúen a tecnoloxía Time Machine que fai máis doado o acceso a gravacións en DVD e disco duro (...)
Ler máisO Archos 605 WiFi incorpora GPS
O impresionante reprodutor multimedia portátil de Archos, o 605 WiFi, que aparte de permitir a reprodución de música e vídeo tamén navega pola Internet co seu navegador Opera e que se vende con capacidades de 4, 30, 80 e 160 Gb, actualízase incluíndo o soporte de Adobe Flash 9 e Windows Media Video 9 e un receptor de GPS, polo que poderá empregarse coma (...)
Ler máisEA está a traballar no novo xogo de Harry Potter
Como era de agardar, a película Harry Potter y el Misterio del Príncipe, que chegará ás grandes pantallas este ano, contará con adaptacións en forma de videoxogo en case todas as plataformas existentes da man o estudo EA Bright Light. O novo xogo que narra o sexto ano de Harry Potter en Hogwarts permitirá loitas entre magos, facer pocións máxicas e participar (...)
Ler máis0 | ... | 12140 | 12150 | 12160 | 12170 | 12180 | 12190 | 12200 | 12210 | 12220 | ... | 13050