Artigos desta sección
Desenvolven un xogo apto tanto para invidentes como para persoas sen problemas de visión
Vector Animado desenvolveu para a ONCE o xogo Onae, la aventura de Zoe, que pretende animar ós invidentes a competir case en igualdade de condicións con outras persoas sen problemas de visión, elemento no que destaca especialmente este videoxogo.
Ler máisO LG Colorholic venderase en 14 cores distintas
Os dispositivos electrónicos teñen dende hai tempo un lugar destinado no mundo da moda, dándoselle moita importancia á súa aparencia externa, o que inflúe poderosamente na compra de reprodutores multimedia e teléfonos móbiles, polo que non é de sorprender que LG, tralo éxito do seu Chocolate, estree en Corea do Sur o seu terminal Colorholic que se vende nun total (...)
Ler máisLG estrea en Corea un móbil con WiBro e TDT
Corea do Sur continúa á cabeza do mundo en servizos de acceso á Rede e mesmo de telefonía móbil, e agora LG presenta un novo teléfono que pode conectarse a redes WiBro (tamén coñecida coma WiMAX móbil), moi populares no país asiático onde a cobertura nas grandes cidades chega incluso ás liñas de metro, permitindo o acceso a servizos de banda larga dende o (...)
Ler máisUn novo xogo permítenos dixirir un equipo de baloncesto da FIBA
Xider Games achegaranos no outono por 29,99 euros o xogo FIBA Basketball Manager 2008, que permitirá ós afeccionados ó baloncesto a simulación da dirección dun equipo, planeando plans de ataque, consultando fichas de xogadores e podendo revistar distintas informacións e gráficos que fan que o xogo sexa moi completo. Podemos xogar a Liga, os campionatos (...)
Ler máisNovo portátil Vaio cunha autonomía de 11,5 horas
Os discos duros nos ordenadores portátiles parecen ter os días contados, cando menos nos equipos que pretenden utilizarse desconectados da corrente, pois o consumo dos discos de estado sólido (SSD) teñen un consumo moi inferior (aínda que a súa capacidade é máis reducida) e así xa anuncian novos portátiles con autonomías impresionantes coma o Sony Vaio TZ18GN, (...)
Ler máisO Creative Zen V Plus chega ós 16 Gb de capacidade
Os reprodutores multimedia de Creative Zen V Plus incrementan a súa capacidade ata os 16 Gb o que supón un importante avance para este dispositivo de pequeno tamaño (43,5 x 67,5 x 15,9 mm) e lixeiro peso (43,5 gramos) que comezará a venderse por 260 dólares. O novo modelo aínda non comezou a venderse en Europa, e nun comezo só se venderá nunha versión negra e (...)
Ler máisA empresa Belkin lanza un rato limpo
Ata o día de hoxe os ratos dos nosos ordenadores, nun momento ou outro, comezaban a xuntar partículas de suciedade até perder a súa brancura orixinal e semellarse máis ben a un rato verdadeiro. Ante a devandita escea entrentámonos ó dilema, “poderase lavar o rato?”, e “se lle entrase auga ou humidade, seguiría funcionando?” A empresa Belkin, ubicada na cidade (...)
Ler máisOs videoxogos para as consolas de Nintendo son os máis vendidos no Xapón
Vimos de coñecer a listaxe cos 10 xogos que máis se venderon no Xapón entre o 23 e o 29 de xullo, e parece que a posición dominante de Nintendo no mercado dos videoxogos no Imperio do Sol Nacente está manténdose con forza, pois mentres que Sony coloca un título por cadansúa consola (PS2, PS3 e PSP) e Microsoft fai o propio coa Xbox 360, temos que 6 dos 10 xogos (...)
Ler máisO Samsung SGH-i570 incorporará Symbian
Samsung está a preparar a incorporación do sistema operativo Symbian 9.1 ó seu novo terminal SGH-i570, que inclúe un teclado QWERTY deslizante, e inclúe conectividade EDGE, HSDPA, Wi-Fi e Bluetooth, contando tamén con 160 Mb de memoria interna (ampliable mediante tarxetas microSD). Como vén sendo habitual neste tipo de dispositivos combina unha cámara dixital (...)
Ler máisO smartphone Asus P735 quere achegar a conectividade 3G ós negocios e ó lecer
O fabricante Asus, pese a ser coñecido principalmente polos seus ordenadores portátiles, produce dispositivos electrónicos moi diversos, destacando hoxe o seu teléfono intelixente P735, que está a ser promocionado estes días e que promete ser un smartphone de características bastante completas, incoprorando o sistema operativo Windows Mobile 6.0, un procesador (...)
Ler máis0 | ... | 11890 | 11900 | 11910 | 11920 | 11930 | 11940 | 11950 | 11960 | 11970 | ... | 12300