Anuncian a edición especial de Bayonetta

martes, 10 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Aínda que o agardado Bayonetta chegue a Europa máis tarde que ao Xapón (onde está a liderar as vendas pese a que só está dispoñible para Xbox 360 e PlayStation 3), dende SEGA confirman que no Reino Unido, en Francia, en Australia e en España contaremos unha edición especial do xogo que incluirá coma contidos adicionais un fermoso libro de ilustracións e un disco coa banda sonora, que inclúe 6 temas (One Of A Kind, Riders Of The Light, Battle For The Umbra Throne, Theme Of Bayonetta – Mysterious Destiny, The Old City Of Vigrid e The Gates Os Hell) obra dos mestres Hiroshi Yamaguchi e Masami Ueda, contando coa voz de Helena Noguerra no tema principal e coa trompeta de Yohei Ichikawa na última pista.
O lanzamento do xogo está previsto para o 8 de xaneiro, agardándose que o prezo da súa edición normal sexa duns 65 euros, quedando por anunciarse o correspondente á edición de coleccionista.


Anuncio televisivo de Bayonetta no Xapón

PUBLICIDADE