Amosan en vÃdeo a mecánica de xogo de XCOM
luns, 29 de agosto do 2011
A saga de
xogos de estratexia X-COM foi un
grande éxito nos anos 90, e agora que 2K Games anunciou que Ãa devolvela á vida
no primeiro trimestre de 2012 en versións para Xbox 360, PlayStation 3 e PC,
moitos temÃan que se desnaturalizase a franquÃa adoptando a forma dun xogo de
acción en primeira persoa, pero os incondicionais da franquÃa pode que respiren
un pouco máis tranquilos ao ver un vÃdeo
de máis de 22 minutos no que detallan como é o xogo que, pese a ter
compoñentes de shooter, non
prescindirá de elementos tácticos que enriquecerán enormemente a loita
contra unha invasión alienÃxena na que poderemos ir capturando a tecnoloxÃa dos
rivais para mellorar o noso arsenal e asà poder derrotar ao inimigo do espazo exterior.
O punto forte do xogo será a ambientación e a historia, pois o novo XCOM será unha reimaxinación da saga
anterior, que devolveranos a 1962, cando se creou a organización XCOM para facer fronte á ameaza
alienÃxena, para o que tomaremos o papel do axente especial William Carter, o
que permitirá un achegamento moi cinematográfico a esta aventura moi
prometedora.
VÃdeo que adianta o sistema de xogo do novo XCOM
- En XCOM tomaremos o papel de Willam Carter, un axente especial que terá que facer fronte a unha invasión alienÃxena