Adíase o lanzamento de Counter-Strike: Global Offensive para PS3 en Europa
mércores, 22 de agosto do 2012
Na tarde de onte estreouse en Steam a versión para PC do xogo Counter-Strike: Global Offensive, mentres
que hoxe
chegaba o polémico xogo ao Bazar de Xbox LIVE para que os usuarios da
consola doméstica de Microsoft tamén poidan gozar deste título, pero esta
estrea está a verse ensombrecida en Europa, non porque haxa voces que pidan a
retirada do xogo da facción separatista
(que parece inspirada en ETA) senón porque por problemas sen aclarar non apareceu
tamén na actualización desta semana da PlayStation Store, de xeito que os
usuarios de PS3 non poden adquirir este xogo.
Curiosamente nos EE.UU. o xogo si aparece no catálogo de xogos descargables para
a PlayStation 3, e a pelota parece estar no tellado de Sony, asegurando un
voceiro da compañía que agardan “resolver
a incidencia tan pronto como sexa posible”. Parece bastante probable que o xogo vaia estar dispoñible para PS3 a
semana que vén.
- O xogo só está dispoñible polo momento para PC e Xbox 360