A finais de mes se poderá adquirir 1942: Joint Strike
mércores, 9 de xullo do 2008
En marzo falábamos de que
Capcom estaba a traballar na resurección do clásico xogo
de avións 1942, que se
adaptarÃa á alta definición das consolas Xbox 360 e PlayStation 3, e agora se
confirma o seu lanzamento, de xeito que, a
partir dos vindeiros dÃas 23 e 24 nas tendas de descargas Xbox Live
Arcade e PlayStation Network respectivamente, se poderá adquirir 1942: Joint Strike.
O novo xogo non presenta só uns gráficos e efectos visuais moi mellorados,
senón que tamén incorpora novas armas e incluso permite botar partidas cooperativas
en liña. Conserva o seu sistema de xogo bidimensional de desprazamento
vertical, aÃnda que os seus gráficos teñan unha aparencia tridimensional.