A Xbox One abrirase ao xogo cruzado con outras plataformas
luns, 14 de marzo do 2016
O responsable do programa para desenvolvedores independentes
de Xbox, Chris Charla, publicou unha carta
aberta sobre novidades do programa ID@Xbox e a vindeira edición da Games
Developers Conference (GDC), destacando entre os anuncios realizados o Cross-Network Play, ou sexa, que levarán
máis aló a funcionalidade actual que permite que se poidan xogar partidas entre
usuarios de Xbox One e ordenadores con Windows 10, de xeiot que agora Xbox LIVE
permitirá que compitan en liña xogadores de distintas redes en liña, o que
incluirÃa outras consolas de videoxogos e outras plataformas de xogo en liña
para PC.
Un dos primeiros xogos que tirará proveito desta nova funcionalidade de xogo
cruzado entre redes será Rocket League,
grande éxito de Psyonix que permitirá que os xogadores de Xbox One e PC poidan
competir en liña e non desbotan que outras plataformas (PS4?) poidan
incorporarse no futuro, o que serÃa unha grande vantaxe para os xogadores, que
poderÃan competir cos seus amigos con independencia da plataforma de xogos que
empreguen.
Outra novidade importante é que a Xbox One soportará en breve a solución aberta
de desenvolvemento de xogo MonoGame, o que facilitará a creación de xogos para
a consola de Microsoft, estando xa confirmado un tÃtulo empregando MonoGame (Axiom Verge).
De cara á GDC (encontro que comeza hoxe,
aÃnda que a feira central desenvolverase entre o mércores e o venres) Charla
confirmou que Microsoft presentará máis de 40 xogos diferentes de
desenvolvedores independentes, nun ano no que xa están programados grandes
lanzamentos indie (Cuphead, Below, INSIDE, SuperHot, We Happy Few, Worms WMD e
Pit People).