A Xbox 360 é a consola que xera máis ingresos a EA
venres, 9 de novembro do 2007
Nos pasados meses algunhas compañÃas de
desenvolvemento de xogos comentaban as súas reticencias para continuar a
preparar lanzamentos para a PS3 pola súa complexidade e poucas vendas, polo que
Sony tivo que instalos a continuar a confiar na súa consola de alta definición,
e agora que Electronic
Arts publica os seus ingresos por cada plataforma de xogo podemos entender
as razóns dos creadores de xogo.
AsÃ, no 3º trimestre de 2007
a Xbox 360 de Microsoft supuxo uns ingresos de 218 millóns
de dólares para EA, seguida por a PS2 de Sony (73 millóns), a Nintendo Wii (59
millóns), a Nintendo DS (47 millóns), a PSP (21 millóns) e a PS3 (17 millóns),
do que entendemos que a PS3 non está a ser rendible para os desenvolvedores,
mentres que a Xbox 360 parece ser a plataforma máis atractiva (xera máis
ingresos que tódalas demais plataformas xuntas). Nas consolas portátiles tamén
veriamos claramente como a Nintendo DS vende máis que a PSP, polo que Sony
parece ser o fabricante máis prexudicado pola guerra das consolas, aÃnda que a
campaña de Nadal poderÃa mellorar a situación para a empresa nipona.