A USC acolle unha sesión sobre a seguridade en servidores GNU/Linux
martes, 15 de abril do 2014
Nos
vindeiros dÃas as actividades arredor do software libre serán as
protagonistas de varias xornadas espalladas pola nosa terra. AsÃ
nolo fai saber Mancomún,
que recompila na súa web unha listaxe ateigada de eventos que
comezan polo relatorio
de GIT
impartido por GPUL
na UDC,
seguÃndolle o obradoiro
do software estatÃstico R
organizado por GALPon
en Vigo.
Emporiso, cómpre subliñar que
o martes
22 de abril
será a Universidade de Santiago de Compostela
(USC)
quen acolla unha sesión
práctica de seguridade en servidores GNU/Linux
organizada pola Oficina de Software Libre do
CIXUG.
Este
seminario terá lugar de 10:00 a 12:00 horas na Aula de proxectos da
ETSE
da USC. Encamiñado principalmente aos alumnos do Grao de Informática
da ETSE, o encontro está aberto a todas aquelas persoas interesadas
en coñecer de preto os ataques máis habituais contra servidores, e
o xeito de protexerse dos mesmos.
A
sesión comezará cunha presentación da OSL a cargo do seu
coordinador Rafael RodrÃguez, e logo coa
sesión práctica de seguridade en sistemas GNU/Linux da man
de Kenneth
Peiruza.
Engadir,
por último, que este seminario está organizado pola OSL en
colaboración coa ETSE (en particular coa profesora da materia de
Seguridade Informática, Puri Cariñena). Esta actividade forma parte
das que a OSL desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración coa
AMTEGA para o fomento do software libre.
Programa:
·
Presentación da OSL: Rafael RodrÃguez (coordinador da OSL), quen
fará a presentación dos servizos da OSL para os estudantes
universitarios galegos.
·
Sesión práctica de seguridade en servidores GNU/Linux. Dirixida por
Kenneth Peiruza (consultor e formador en sistemas GNU/Linux), cunha
ampla experiencia en labores de implantación, administración e
securización de sistemas informáticos para empresas, tendo exercido
ao longo dos seus máis de quince anos de traxectoria profesional
como xefe de proxectos de auditorÃa de seguridade para entidades do
sector da banca, seguros, colexios profesionais etc..
