A Toxa acolle en xaneiro un foro de emprendedores, investidores e novos recursos de facer mercado
luns, 12 de novembro do 2012
- O Hotel Hesperia de A Toxa
A Illa da Toxa (O Grove) vai acoller a
comezos de 2012 un encontro de empresarios novos e investidores
procedentes de todo o eido europeo coa finalidade de procurar o
fortalecemento preciso de novas iniciativas e oportunidades de
negocio. O Foro Designing
Future, así se chama o evento, celebrarase os días 11 e 12 de
xaneiro, concentrándose en afianzar o máximo posíbel as ligazóns
entre as persoas que acudan coas súas ideas innovadoras de mercado e
as persoas que acubillan os apoios precisos para impulsalas. Haberá
sesións formativas, relatorios, obradoiros e mesas redondas para
expertos de recoñecido prestixio en investimento, procura de
mercados e metodoloxías para asegurar o éxito.
Os participantes poderán presentar os
seus proxectos atendendo a diversos graos de investimento: idea de
proxecto, empresa de nova creación, start-up, afianzamento de
empresa, proceso en marcha de internacionalización. O comité
executivo do foro valorará e seleccionará cada proxecto co fin de
de poder asignalos de maneira axeitada a cada investidor ou grupo de
investidores. Contarase coa presenza do secretario xeral da Oficina
Comercial de España en Francia, José Francisco Rodríguez Queiruga,
así como de socios e directivos de consultoras e empresas privadas,
do eido innovador e tecnolóxico. Prevese, nesta edición, unha
participación de 150 proxectos, moitos deles ligados ás novas
tecnoloxías da información, por un nivel de financiamento de 60
millóns de euros. A cita vén da man das firmas Aventi e Affines.