A PlayStation Store inicia as súas rebaixas de primavera

mércores, 3 de abril do 2019 Marcus Fernández

A primavera meteorolóxica xa chegou, e na PlayStation Store celébrano con rebaixas en xogos en formato descargable, de xeito que a partires de hoxe poden adquirirse unha grande variedade de xogos para PlayStation 4 con grandes descontos, tanto nas súas versións estándar como en moitas das súas versións de luxo.
Nestas rebaixas de primavera podemos destacar que o xogo Marvel’s Spider-Man pode adquriirse por 39,99 euros (o que supón unha rebaixa do 43%); GTA V Premium Online Edition está dispoñible cun 73% de desconto, quedando en 14,99 euros; Assassin’s Creed Odyssey ofértase a metade de prezo (quedando en 34,99 euros); Far Cry 5 pode mercarse por só 19,99 euros (ou sexa, cun 71% de desconto); Detroit Become Human Digital Deluxe Edition ten unha rebaixa do 57% quedando en 29,99 euros; A Way Out pode mercarse por 19,99 euros; The Crew 2 ten unha rebaixa do 74% quedando o seu prezo en 17,99 euros; e incluso Watch Dogs 2 queda nuns ridículos 9,99 euros, de xeito que moitos usuarios que dubidasen se facerse con algúns destes títulos teñen agora unha magnífica oportunidade, que en moitos casos vese mellorada grazas a descontos adicionais de seren subscritores de PlayStation Plus.

Vídeo promocional das rebaixas de primavera da PlayStation Store

PUBLICIDADE