A PlayStation 4 contará cun xogo fotorealista de billar

martes, 10 de decembro do 2013 Marcus Fernández

A chegada da nova xeración de consolas pretende supor un importante salto cara adiante a nivel gráfico, polo que os estudios teñen que esforzarse para facer evolucionar os seus desenvolvementos, e nesa liña dende VooFoo anuncian agora que están a desenvolver unha nova entrega da saga Pure para PlayStation 4 dedicada ao billar: Pure Pool.
Este novo xogo de billar quere converter o salón dos nosos fogares en toda unha sala de billar conectada e chea de vida, presentando un realismo fotográfico nos elementos en xogo, para o que tiran proveito da potencial da nova PS4, como xa deixan ver no primeiro vídeo de adianto deste prometedor título.


Trailer de adianto do Pure Pool de VooFoo

O xogo destacará polos seus gráficos detallados

PUBLICIDADE