A PS Vita estrea aplicación para YouTube
martes, 26 de xuño do 2012
Os
usuarios norteamericanos da consola portátil PS Vita de Sony poden descargar de
balde dende hoxe unha nova
aplicación que facilita o acceso aos vÃdeos de YouTube directamente no seu
dispositivo portátil, de xeito que a pantalla OLED de 5 polgadas da Vita serve
para ver os millóns de vÃdeos da plataforma en liña de Google, estando tal
funcionalidade tamén dispoñible a través de consolas que se conecten á Rede a
través de 3G.
A nova aplicación ten sección de vÃdeos recomendados, permite realizar buscas,
deixa consultar o historial de vÃdeos reproducidos e permite amosar os clips
que marquemos como favoritos. Como acontece con outras versións móbiles de
YouTube, a aplicación pode funcionar a pantalla completa, ou con información
adicional en pantalla (como comentarios, vÃdeos relacionados ou botóns para indicar
se gustamos dun vÃdeo).
Esta aplicación súmase a outras como Skype ou Facebook, que melloran as
posibilidades da PS Vita máis aló dos videoxogos e, aÃnda que polo momento non
está dispoñible dende España, é posible que iso cambie en poucos dÃas, pois o seu lanzamento europeo
está previsto para entes de rematar o presente mes.
- A aplicación de YouTube pode reproducir os contidos en tamaño reducido ou a pantalla completa