A Nintendo 3DS estreará versión vermella en setembro
mércores, 10 de agosto do 2011
Dende Nintendo está a
esforzarse para popularizar a súa consola portátil, e tras a rebaixa de prezo
de 249 a 169 euros esta mesma semana, agora anuncian a súa habitual aposta
cromática, de xeito que, coincidindo co
lanzamento do xogo Star Fox 64 3Do
vindeiro 9 de setembro, van pór á venda un modelo vermello da 3DS, que xa se vira hai meses, pero que daba a impresión que
os nipóns estaban a gardar nun caixón ata o lanzamento de Mario Kart para a súa nova portátil.
Actualmente a Nintendo 3DS pode mercarse en negro (Cosmo Black) e azul (Aqua
Blue), e a súa terceira cor serÃa o vermello (Flame Red) que promete ser unha
das cores máis desexadas, e que parece confirmar que durante os vindeiros meses
iremos vendo a consola en máis cores.
Nintendo
tamén adiantou que o 24 de outubro chegará o primeiro xogo completo de Pokémon á 3DS, mentres que os
prometedores Super Mario 3D Land e Mario Kart 7 estrearanse na Nintendo 3DS
os vindeiros 13 de novembro e 4 de decembro, chegando a tempo para a tempada de
Nadal.
- Entre as primeiras imaxes promocionais da Nintendo 3DS xa figuraba o seu modelo vermello