A Nintendo 3DS XL terá unha edición especial co gallo do lanzamento de Super Smash Bros.
mércores, 13 de agosto do 2014
Nintendo confÃa en que o xogo Super Smash Bros. sexa o seu grande éxito para o que resta do ano,
e para potenciar este lanzamento o 3 de outubro non só poderemos mercar o xogo
para a Nintendo 3DS, senón que tamén teremos dispoñible unha edición
especial da Nintendo 3DS XL en cor vermello que incluirá unha estampación
do xogo que virá pre-instalado na consola portátil. Estamos ante unha edición
limitada que só poderá adquirirse até fin de existencias, polo que será preciso
bulir de querer facernos cunha, xa que as versións especiais de consolas de
Nintendo teñen contrastado a súa elevada demanda no pasado.
De cara ao lanzamento deste xogo tamén anuncian que entre os dÃas 14 e 21 de
agosto teremos a Promoción
luchadores: Nuevos personajes, a través da que teremos descontos de até
o 50% en xogos da Nintendo eShop, entre os que figuran moitos da Consola Virtual.
Entre as ofertas máis destacables estarÃan para Nintendo 3DS os xogos Kid Icarus: Uprising por 24,49 euros, Tomodachi Life por 31,99 euros e Animal Crossing: New Leaf por 27,99
euros; mentres que para Wii U as ofertas serÃan as de Wii Party U a 31,49 euros, Wii
Fit U a 24,49 euros e Super Punch-Out!!
(de SNES) a 3,99 euros. Nestes xogos rebaixados fan acto de presenza moitos dos
loitadores de Super Smash Bros., polo
que con esta promoción búscase darlles unha maior visibilidade e polos en valor
(como o caso do boxeador de Super
Punch-Out!!, que é todo un clásico que poucos novos xogadores coñecen)
Super Smash Bros. chegará á Nintendo
3DS en outubro, sendo a primeira vez que esta franquÃa chega a unha consola
portátil, mentres que os usuarios de Wii U deberán agardar ao inverno para
poder gozar deste xogo que permitirá xogar até 4 usuarios en local ou en liña
con personaxes do mundo dos videoxogos tan recoñecidos como Mario, Link, Samus,
Sonic, Pikachu, Mega Man ou Pac-Man.