A LaconNetwork volve ao Igresario da Grela o vindeiro venres

mércores, 23 de abril do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro venres, para despedir o mes, profesionais e emprendedores do sector TIC galego xuntaranse no Centro Municipal de Empresa do Polígono da Grela na Coruña no que xa é a 49ª edición da LaconNetwork, encontro tecnolóxico-gastronómico que se celebra por segunda vez no que era un antigo convento e que agora serve para que empresas tecnolóxica locais poidan emprender.
Está xa aberta a inscrición para esta nova edición da LaconNetwork, que desta volta terá un custo de inscrición de 20 euros, o que incluirá tanto o xantar que se iniciará ás 14:30 horas como as copas posteriores que intentará “amenizar o networking”.

PUBLICIDADE