A Coruña, Vigo e Ourense poden gozar da 5G Advanced de MasOrange
luns, 16 de febreiro do 2026
MasOrange anunciou a extensión da súa rede 5G Advanced a 40 cidades españolas, nunha despregadura que xa abrangue 10 comunidades autónomas e permite que arredor dun terzo da poboación teña acceso á que cualifica como a súa tecnoloxÃa móbil máis avanzada. No caso galego, as cidades que poden gozar da 5G Advanced son A Coruña, Ourense e Vigo.
A compañÃa salienta que a 5G Advanced permite velocidades de transmisión superiores aos 5 Gbps e latencias inferiores a 1 milisegundo, ademais dunha maior capacidade para conectar dispositivos en contornas urbanas densas. Grazas á modernización do equipamento radioeléctrico e á agregación de múltiples portadoras, os clientes con dispositivos compatibles poden acceder á rede 5G máis rápida do operador nas cidades incluÃdas nesta despregadura.
Entre as melloras técnicas destaca a funcionalidade L4S (Low Latency, Low Loss and Scalable Throughput), que garante latencia ultrabaixa e transmisión sen perdas mesmo en situacións de conxestión, facilitando experiencias crÃticas e inmersivas como o xogo na nube ou aplicacións de realidade aumentada e estendida en tempo real.
No ámbito do Internet das Cousas, a tecnoloxÃa RedCap (Reduced Capability) ofrece conectividade eficiente para dispositivos de gama media, cun menor consumo enerxético, o que favorece a adopción masiva de solucións conectadas en sectores como a saúde, a industria ou a seguridade.
A 5G Advanced incorpora tamén prestacións como o sensing, que posibilita a detección e seguimento de obxectos cunha precisión inferior aos 10 centÃmetros, e 5G New Calling, tecnoloxÃa orientada a mellorar a calidade das chamadas de voz e a integrar funcionalidades multimedia en tempo real.
