A Academia Postal anuncia novos cursos para profesionais TIC cen por cen subvencionados
mércores, 7 de decembro do 2011
O Grupo Academia Postal, a través do seu Centro
de Formación PEN, está a organizar unha serie de actividades formativas para
fomentar o coñecemento avanzado en novas tecnoloxÃas en múltiples eidos
profesionais especÃficos. As accións, engade a academia galega, insÃrense
dentro do Plan Avanza 2011-12 do Ministerio de Industria e van dirixidas a
profesionais do sector das TIC e das telecomunicacións que estean a levar a
cabo o seu labor en pequenas e medianas empresas de Galicia, Castela A Mancha,
AndalucÃa e Estremadura.
Os cursos en cuestión están cen por cen
subvencionados e, para quen queira máis información sobre os mesmos, dicirlle
que ten todo o relativo ao seu miolo e programación na páxina web do Centro PEN, adxudicatario do
proxecto do Plan Avanza. No sitio en liña podemos atopar os formularios
precisos para participar nas diferentes actividades, amais de reservar a praza
e consultar as datas dispoñÃbeis en cada localidade.
O labor do centro de Academia Postal, neste
senso, terá feitura de itinerario formativo, abranguendo varias localidades
galegas e das ditas comunidades aÃnda por determinar. O miolo dos cursos é o
seguinte: coñecementos e habilidades para instalar, configurar e administrar
unha rede de comunicacións e para crear programas estándares especÃficos. O
itinerario, infórmase, compleméntase cun curso de ITIL V3, mellores prácticas
da xestión de servizos TIC que, segundo se engade dende o Grupo Academia Postal,
achégalle ao alumnado unha visión do negocio das novas tecnoloxÃas dirixido ao
cliente.