wipEout chegará a móbiles a primeiros de 2022

venres, 17 de setembro do 2021 Marcus Fernández

A franquía de xogos de wipEout marcou a moitos xogadores de consolas PlayStation co seu ritmo frenético, a súa ambientación musical e a súa característica estética visual, e querendo aproveitar o bo sabor de boca que deixaron estes xogos dende Rogue Games anuncian que están a desenvolver wipEout Rush, unha adaptación a dispositivos móbiles destes xogos de velocidade que chegarán a iOS e Android a primeiros de 2022.
O novo xogo contará con 60 naves dos xogos orixinais e unha campaña para un xogador na que poderase participar en 12 campionatos a través e 5 contornos distintos. A campaña tamén está narrada cunha estética inspirada nos cómics e conserva a música electrónica orixinal composta por Alastair Lyndsay.

PUBLICIDADE