Audiosurf: orixinal mestura entre Tetris, Guitar Hero e Wipeout
venres, 25 de xaneiro do 2008
Vén de rematar a segunda semana de probas dun xogo
que semella moi atractivo, Audiosurf,
que contará cunha versión definitiva en febreiro e impresiona por combinar a
dinámica de xogos coma Tetris (ou Columns) e Guitar Hero coa estética de Wipeout.
AsÃ, este xogo presenta en pantalla unha nave futurista avanzando a grande
velocidade que pode chocar con pezas de cores para pousalas sobre a pista de
xeito que desaparecen ó agruparse de 3 en 3. As pezas están sincronizadas coa música
que sona durante as nosas partidas, destacando por non contar cun catálogo
limitado, senón que podemos crear os patróns de notas a partir da música que
teñamos en CD, MP3 ou outros formatos, o que permitirá xogar escoitando os
nosos temas favoritos.
A versión de proba pública aÃnda se pode
descargar e actualizar para poder botar un ollo ó que nos ofrecerá este
interesante tÃtulo que chegará en poucas semanas.
|