Son Goku terá un videoxogo que permitirá loitar en liña

luns, 21 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Son Goku enfrontándose a Vexeta no futuro título de Atari

Os afeccionados á serie de televisión As Bolas Máxicas poderán gozar dos seus personaxes favoritos nas consolas de videoxogos Xbox 360 e PlayStation 3, que non só presentará uns gráficos cunha calidade semellante á da serie de televisión aínda que partan dun motor tridimensional, que destacará especialmente por contar cun modo de xogo en liña que permitirá ó usuarios loitar contra outros xogadores a través da Internet.
Dragon Ball Z: Burst Limit sairá este mesmo ano, e as imaxes que se ven do mesmo resultan prometedoras, e segundo Donny Clay de Atari, dende a súa compañía «están excitados e preparados para ofrecer ós afeccionados unha nova iteración da serie de xogos de Dragon Ball Z na nova xeración de consolas».

PUBLICIDADE