nVIDIA presenta novos lentes 3D con cable
luns, 30 de maio do 2011
A
popularidade da tecnoloxía 3D no ámbito doméstico vai medrando paulatinamente,
e para facela máis accesible economicamente aos consumidores finais nVIDIA
vén de ampliar a súa familia nVIDIA 3D Vision cuns lentes activos que non
precisan dun emisor de infravermellos, pois sincronízase co ordenador a través
dun cable USB 2.0 de 3 metros, de xeito que convértese nunha solución ideal
para os videoxogos para PC con soporte de 3D, ver películas en Blu-ray 3D no
ordenador e incluso para ver vídeos 3D de YouTube.
Estes lentes son compatibles con máis de 65 dispositivos (monitores, portátiles
e proxectores), e o uso do cable non só prescinde de dun emisor de
infravermellos, senón que tamén serven para non ter que empregar baterías e minimiza
as posibilidades do seu roubo (é posible adquirir un pecho especial para
suxeitar o seu cable ao PC).
Os
novos lentes de nVIDIA teñen un peso de só 50 gramos e chegarán ao mercado a
finais de xuño a un prezo de só 99 dólares (nos EE.UU.) o que supón un aforro significativo
fronte ao modelo sen fíos (á
venda por 149 dólares).