miShare permite compartir ficheiros entre reprodutores iPod

luns, 12 de maio do 2008 Marcus Fernández

Para os reprodutores multimedia iPod mini, nano ou o classic (dende a 3ª xeración) aparece o periférico miShare, que permite intercambiar imaxes, música e vídeos entre reprodutores a través do conector de 30 pins para a base (estandarizado dende hai anos).
O miShare pretende recuperar así o espírito de compartir música en persoa cos amigo, e non precisa nin de ordenador nin de cables para a transferencia de arquivos, aínda que hai un atranco para a popularización deste dispositivo, o seu prezo (99 dólares).