inFAMOUS: First Light estrea edición en Blu-ray

mércores, 10 de setembro do 2014 Marcus Fernández

A franquía inFAMOUS continúa moi viva, e para demostralo, o xogo recibiu un novo capítulo descargable para inFAMOUS: Second Son, titulado First Light, que conseguiu a entidade suficiente como para que hoxe se editase tamén en formato físico, de xeito que xa podemos mercar en Blu-ray esta nova aventura que descúbrenos a unha nova protagonista, Abigail Fetch Walker, que permite revivir as experiencias en Seattle dende outro punto de vista, así como explorar a montañas nevadas que rodean Curdun Cay, usar o poder do neon para moverse a velocidades supersónicas e empregar poderosos ataques de luz para derribar aos inimigos que se entremetan no noso camiño.
Amais, os usuarios que xa conten con xogo principal poderán xogar a esta nova aventura con Delsin Rowe (o protagonista orixinal). O prezo de inFAMOUS: First Light en formato físico é de só 19,95 euros, de xeito que sería un dos títulos máis económicos para PlayStation 4, o que supón unha excelente oportunidade para introducirse nesta saga de acción que moitos ven como o máis semellante aos comics de superheroes que podemos atopar nas consolas de videoxogos (sen inspirarse directamente en obras previas de banda deseñada).


Trailer de inFAMOUS: First Light

PUBLICIDADE